Hoxe teletransportámonos!!!

Queremos darvos as grazas por compartir as actividades realizadas en cada centro e os parabéns polas vosa creatividade. Seguro que serven de modelo ou de inspiración para outras comunidades educativas ou para calquera persoas que queira contribuír a que o Modo Galego estea permanentemente activado en todos os ámbitos.

Nesta mesma páxina web, no apartado de ACTIVIDADES CENTROS, podedes atopar unha mostra do que se foi facendo en cada un dos centros participantes. O voso esforzo fai que este proxecto sexa más rico, divertido e cheo de aprendizaxes.

Seguide así, porque o entusiasmo co que activastes o Modo Galego é un exemplo de futuro para todo o mundo.
Desde aquí tamén compartimos as ligazóns de cada centro para que poidades ver algo do que foron facendo os vosos compañeiros e compañeiras:

Ahh e vistes que xa se activaron os superpoderes da TELETRANSPORTACIÓN, ABRIR PORTAS, OMNIPRESENZA, MEGAMULTIPLICACIÓN… Mirade como falan de vós na prensa:

Lembrade que na páxina web, no apartado de actividades de centros, podedes seguir accedendo a todos os recursos que fostes creando. Tamén seguirá activo todo o contido da páxina para que poidades volver a el cando consideredes.

Grazas ;)!!
Volvemos mañá para a despedida.