Reto 11: Toca acadar o poder da supercreatividade

Hoxe presenta o reto Alonxo Caxade que, ademais de ser profe e director do CEIP de Barouta, é un recoñecido músico e un firme defensor da lingua.

Desde moi pequeno Alonso amosou unha destreza especial por sacar notas musicais de todo tipo de instrumentos, aínda que ten predilección polo acordeón. Pero tamén estudou bombardino e trombón; toca instrumentos de vento e metal e compón música para outras persoas.

Este artista polifacético colaborou e tocou con grupos tan dispares en estilo como o grupo de folk Roi Xordo, el de rock&roll Ruxe-Ruxe, NugaJazz Quartet, o grupo tradicional Pablo Seoane, o grupo de power pop The Homens… Forma parte de grupos musicais como o Cuarteto Caramuxo, PELdeNOZ, CabRaret e a Orquestra Os Modernos. En 2012 inicia un novo proxecto musical denominado Caxade, que conta xa con dous discos publicados “ A Dança das Moscas” e “E isto é o amor” e numerosos recoñecementos.

Para ver que ben canta e toca podedes acudir a súa canle en YouTube.

O martes toca facer ben visible que a xente nova de Ames está traballando arreo para activar o galego. A primeira semana foi unha peza de roupa azul, a semana pasada foron as uñas azuladas… E que vos parece se o reto para mañá é traer todas e todos unha pulseira azul. Quen non a teña á man, pode facela atando un lazo, trenzando fíos ou con calquera outra técnica. E, quen non se dea mañá para facela, pode pintala. Cada quen que escolla como será a súa pulseira… Iso si, lembrade que ten que ser de cor azul.

Estamos desexando ver fotos desas pulseiras tan vistosas!!

O primeiro día aprendestes moito sobre moda a través das pezas de roupa pero hoxe imos engalanarnos con vistosas xoias e complementos. Neste libro podedes atopar vocabulario das pezas de roupa e complementos de moda.

Hoxe temos un DígochoEu moi especial, no que nos falan da roupa e os complementos o alumnado do CEIP Gándara-Sofán:

 

No vídeo rematan falando do anel. En que dedo poñedes vós o anel? Coñecedes os nomes dos dedos? Imos preguntarlle a Esther:

 

Escoitade a Esther sobre un complemento de vestir que levamos na cabeza:

@digochoeu

Non digas *pañueleta #DígochoEu 👻 #galego #Galicia #TVG

♬ sonido original – #DígochoEu

 

Tamén nos aclara que non temos vestidos de “terciopelo” temos…

@digochoeu

Non digas *terciopelo 🙂 DígochoEu galego Galicia TVG

♬ sonido original – #DígochoEu – #DígochoEu

 

E para repasar as partes do corpo, temos o DígochoEu do CEIP Gándar-Sofán:

 

Como xa sabedes moitas cousas sobre o corpo seguro que podedes axudar a Esther que se equivocou nun programa e dixo “desnucar”, pero non é correcto. Vos seguro que podedes dicirlle a forma correcta.

@digochoeu

En galego non te podes *desnucar #DígochoEu 😨 #galego #Galicia #TVG

♬ sonido original – #DígochoEu

 

E se tropezamos e caemos coa cara e o ventre cara abaixo, como se di?

@digochoeu

Non digas *de bruces #DígochoEu 🙈 #galego #Galicia #TVG

♬ sonido original – #DígochoEu

 

E falando de tendencias, parece que están de moda os “charms”. Vós sabedes que son? Escoitade a noticia…

@g24noticias

👜 MODA Os ‘charms’, monecos ou accesorios que se colgan nos bolsos, son a última tendencia #galego #TVG #G24 #G24noticias #G24gal Probablemente se teñan fixado que os adolescentes levan colgados nas súas mochilas monecos e peluches e que os adultos levan tamén pendurados nos bolsos distintos accesorios. Chámanse «charms» e están moi de moda. A tendencia dos anos dousmil de personalizar a roupa volve á rúa grazas ás celebridades das redes sociais. Na tenda «Miss complementos» de Alicia só lle quedan uns poucos «charms». Estos monecos de peluche ou plástico para colgar nos bolsos e mochilas son un dos produtos máis vendidos hoxe. Son complementos para os complementos que os converten en exclusivos e únicos. «Darlle o teu toque, o teu toqu personal. E dis, a min gústame o estilo manga, e podes usar un moneco de unicornio, ou kuromi, que é unha persoanxe de Hello Kitty», conta Alicia Rouco, da tenda Miss Complementos. Das redes ás tendas e das tendas á rúas. Aquelo de customizar os complementos que naceu nos anos dousmil volve estar de plena actualidade grazas a Rosalía, Dúa Lipa, Paris Hilton e toda a recua de youtubers instagramers e tiktokers.

♬ sonido original – g24noticias

 

Agora toca xogar para poñer en práctica todo o que aprendestes dos complementos de moda e o corpo humano.

 

Como xa sodes expertos nas cores e grandes artistas, despedimos o mundo das cores cantando “Cores” de Magín Blanco

 

E para lucir esas marabillosas pulseiras imos a cantar a canción Mamá Cabra as “As mans”: