Reto 12: Imos na procura do superpoder da megamultiplicación

Hoxe preséntanos o reto unha das creadoras de contido en galego nas redes sociais con máis proxección, Nuria Grandío, de Konachadas, un proxecto no que se conxuga a creatividade, o activismo e o humor. A través de contidos aparentemente banais, enfocados a un público xuvenil, fala sobre temáticas moi diversas nas que teñen presenza a dinamización da lingua, o feminismo, a moda, o amor propio…

 

Queres darlle máis presenza ao galego na túa vida? Resposta de Konachadas

@konachadas

Idiomas, querida 💅🏼📲 #galego #tiktokengalego

♬ Corazón de Toxo – Lontreira

 

Xa levamos moitos días co galego activado, pero mañá ímonos converter en superheroes e superheroínas da lingua…Entón, o reto será conseguir que máis persoas activen o galego.

E como? Pois cada quen que escolla entre estas propostas ou outras que se lle ocorran.

  1. Enviarlle un audio de WhatsApp a unha persoa coñecida animándoa a activar o galego. As persoas poden ser amizades, familiares, veciñanza… e usaremos o teléfono dos nosos pais para que a sorpresa sexa maior, pedíndolle antes permiso como nos aconsella Konachadas.
  2. Escribirlle unha carta colectiva a algunha persoa/entidade/empresa para pedirlle que active máis e mellor o galego (fabricantes de xoguetes, creadores de series de animación, grupos de música, influencers, deportistas, gamers, gobernantes…).
  3. Inventar e gravar unha canción colectiva animando a activar o galego .

Como fontes de inspiración aquí tedes moitas cancións para crear a vosa:

  • “Amodiño”, canción que crearon o CEP de Ventín para o proxecto modo galego no curso pasado. Esperamos disfrutes da súa creación!. Vaia artistas! *Para atopar a canción tedes que chegar case ata o final da páxina.
  • “O galego é de todos”, un proxecto audiovisual do colexio Sagrada Familia de Aldán

  • “Galego Mola. O happy galego”, un proxecto do CEIP Virxe da Cerca da Soidade.

 

Tamén podedes inspirarvos nas cancións xa moi coñecidas por vós:

  • “O rap da lingua”: CANTA CONNOSCO de Migallas Teatro

  • “Máis Galego” de Uxía Lambona e a Banda Molona:

  • “Brinca Vai!”: Meu mundo é! De Paco Nogueiras

  • “Ai, ho, galego! De Cholo e Nela.

  • “Sacar a lingua” – Dúo Vaguedades con Paco Nogueiras.

  • “Superlingua” de A Gramola Gominola.

  • A xente máis cativa podedes animarvos a cantar con Digochiño.