Reto 13: Tentamos conseguir o poder do ultramimetismo

Hoxe preséntavos o reto unha gran narradora oral. Seguro que moitos e moitas de vós a escoitastes contando contos e seguro que alguén da vosa familia a coñecen polos seus espectáculos de narración oral e música para público adulto. Ela é Vero Rilo, que toma o seu apelido da súa aldea en Mugardos.

 

Sabemos ben que as nenas e os nenos de Ames estades cumprindo o contrato e fostes quen de activar o galego durante todos estes días e que habedes seguir con el activado. Pero… E a xente grande? Como anda o seu nivel de activación?? Hoxe todo o alumnado vaille facer un pequeno exame ás persoas adultas que ten máis próximas e o reto para mañá consistirá en dúas cousas:

  1. Contarnos como anda o Modo Galego pola vosa casa.
  2. Escoller o profe ou a profe de todo o centro que máis e mellor activa o galego.

 

É difícil, verdade? Pero toca mollarse e escoller cales serán os e as profes referentes do Modo Galego Actívao no voso cole.
As persoas máis cativas tedes que contarlle á ou ao profe quen fala máis galego na vosa casa, familia, parque….

Animádesvos a aprender a canción “ O galego está no aire” con Digochiño:

 

Mirade o vídeo que nos mandan da Real Academia Galega.

Para rematar escoitade esta reflexión que fan Elsa e María, dúas rapazas galegofalantes da Illa de Arousa:

 

E para as familias e o profesorado vanvos algunhas iniciativas que serviron para activar a lingua de diferentes colectivos:

 

E para reflexionar… Sole Felloza é unha artista nacida en Urugai que desde o primeiro día tiña claro que quería falar galego Como di ela: “Sorpréndeme aínda hoxe cando a xente agradece que fale a súa lingua. Son eu a que ten que dicir grazas”. Como non ser neofalante. Escoitade este vídeo “Onde cabe unha lingua caben dúas”.