Hoxe presentan o reto unhas artistazas moi coñecidas por vós:
As Tanxugueiras a través da súa música demostran que a nosa lingua, o noso ritmo, a nosa tradición e a nosa música traspasan fronteiras. Como din elas “imos co galego como bandeira”.
Definen a súa relación coa lingua da seguinte maneira:
“A nosa relación co galego é moi íntima. É a lingua que utilizamos no noso día a día. Aida si tivo unha época no colexio de utilizar máis o castelán, pero pronto regresou a utilizar o galego. Agora imos co galego como bandeira nos nosos concertos, actos públicos, etc., tanto dentro do país como fóra. Gústanos a sonoridade e ver as reaccións positivas que provoca no público” palabras recollidas en Alingua no catálogo de referentes.
Upss, estamos chegando ao final desta aventura e os últimos días a cousa complícase. Hoxe imos anunciar un reto que terá dúas partes, unha para mañá venres e outra para a fin de semana. Para mañá ídesvos converter en publicistas e o reto será pensar un lema ou unha frase motivadora que estimule o uso da lingua… Despois na clase, entre todas e todos, escolleremos os que máis nos gusten e xa veremos que facemos con eles.
A xente cativa podedes facer unha versión adaptada como fan os nenos e nenas deste vídeo:
“Eu falo galego. E a miña palabra favorita é…”
Imos ver algúns exemplos de distintas iniciativas para activar o galego que ao mellor vos inspiran para crear os vosos lemas:
“Gústame falar en galego” mostra as actividades feitas no CEP Campolongo de Pontevedra.
“Cando falo galego… ” do IES Aquis Celenis.
“Eu falo galego porque…” IES Fontem Albei da Fonsagrada.
Escoitade estas dúas experiencias baixo o lema “O galego mola”:
CEIP Xuvencos
CPI da Cañiza
“Gústame o galego”, videoclip interpretado polo alumnado do cole Martín Codax:
“Gústame o galego”! E A TI, QUE CHE GUSTA? unha iniciativa de CTNL:
“Elos, engánchate ao galego!” é un programa de intercambio lingüístico do Departamento de Lingua do Concello de Santiago que neste vídeo nos contan que os motiva a falar en galego:
A través do proxecto “Aquí tamén se fala” escoitade canta xente tamén fala galego. Mirade o que nos di James Rhodes, un dos mellores pianistas do mundo con orixe londinense:
@aqtmsfala …e semella que na casa de James tamén se fala galego! 🔥
“Eu presumo de galego” é un proxecto organizado polo Equipo de Normalización do IES de Melide . Mirade que presentación fai o alumnado do CEIP Oza presumindo de galego:
“É túa, pásaa” Nas aulas, nas rúas, …. pásaa! Tócache a ti, agora, pasar a túa lingua! Este proxecto de Alingua preséntanos na súa páxina web uns vídeos curtos “A miña historia co galego” onde diferentes e variados referentes grávanse a si mesmos para contarnos de primeira man cal é e foi a súa experiencia coa lingua. Imos escoitar ás Fillas de Casandra:
E rematamos cun éxito que transcendeu fronteiras, o Himno do centenario do R.C. Celta de Vigo: Oliveira Dos Cen Anos. Un punto de encontro entre a música, o deporte e a identidade galega.