Hoxe presenta o último reto, talvez, o protagonista máis grande do manga e anime do Dragon Ball e volve mandar unha onda vital para todos os nenos e nenas que estades a participar no Modo Galego. A voz de detrás de Son Goku é o veciño de Ames, Antón Rubal, actor e profesor de dobraxe.
Tedes as frases motivadoras ou os lemas?? Pois o reto para a fin de semana será poñelas nun soporte… Pode ser decorando unha camiseta, nunha cartolina, nun folio… Onde vós vexades. O caso é que o luns veñamos todas e todos fachendeando co noso lema ou coa nosa frase.
Que ganas de ver esa creatividade amesá!!
En infantil, tería que encargarse o /a profe de transcribir as palabras/ frases/lemas e mandalas para a casa con instrucións para que lles poñan soporte (camiseta, cartolina, folio…) ou as decoren.
Que mellor que pechar a semana coa nosa “Lingua guapa”, cantos que contan do libro de Fina Casalderrey musicado por Néstor Blanco. Aquí tedes diferentes traballos realizados arredor da nosa “lingua guapa”.
Imos empezar pola canción “Lingua guapa”
“Lingua Guapa” Tema do libro-disco LINGUA GUAPA, Cantos que Contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, publicado por Editorial Galaxia.
Co axuda do CEIP Mallón podedes cantar a canción “Lingua guapa”.
Tamén podedes escoitar “Lingua guapa” (cantos que contan) en Spotify.
Nesta ligazón podedes atopar os pequenos actores e actrices coma vós que consideran a nosa lingua guapa. Mirade o que nos conta o alumnado de 5 anos de CPI Dr. López Suárez:
E a Shayla e Sabela Villapol:
Orgullo Galego tamén ten unha mensaxe para ti: Falemos galego!
E rematamos cos versos dun grande poeta da Terra Cha, Manuel María, convertidos na canción “A FALA” cantada por UXÍA coa colaboración das TANXUGUEIRAS e de FAIA. Coros e retrouso: Carme Abal, Pier el Gabacho, Nuria Freiría, Ana Senlle, Andrés Giráldez, Kira e David Rubiñán.