Reto 4: Na procura do superpoder da teletransportación

Hoxe presenta o reto para mañá un músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos que percorreu toda a xeografía galega por moitos festivais e coles. Seguro que pasou polo voso cole ou actuou no voso concello.

VÍDEO CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Mirade que chulada de tiktok atopamos entre os vídeo gañadores do Certame Galetiktokers do Concello de Ames. Premede nesta ligazón.

Pois xa que temos corpo musical, para mañá imos montar un desfile instrumental. O reto consistirá en que cada quen traia un instrumento ou un obxecto calquera que sirva para facer música. Así crearemos a banda da clase e desfilaremos ao compás tocando o noso instrumento.

O desfile pode ser dentro da aula, nos corredores, no patio…

Imos aprender moitas cousas sobre os instrumentos musicais con Esther e Digochiño:

“Instrumentos musicais”

“Instrumentos musicais típicos de Galicia”

Neste vídeo Suso Vaamonde e Xose Lois Romero amósannos moitos destes instrumentos. Podemos intentar nomealos, ver cales non son só instrumentos…

Se precisades axuda, seguro que na páxina do Consello da Cultura Galega podedes atopar o nome de todos e cada un.

Agora toca poñer en práctica os vosos coñecementos dos instrumento musicais axudando a Esther a lembrar o nome dalgúns instrumentos

@digochoeu

#onthisday #nestedía recordamos o nome dalgúns instrumentos #DígochoEu #galego #Galicia #TVG 🎺🎷 #aprendecontiktok

♬ original sound – #DígochoEu

Aquí tedes outro xogos que podedes atopar na portal da lingua o xogo dos instrumentos musicais e o xogo Sóanche estes instrumentos.

Pero aínda hai máis… Abrahan Cupeiro, músico e multiinstrumentista galego que participou na banda sonora da recentemente estreada Gladiator 2, móstranos como en cuestión de minutos podemos construír unha gaita, queredes intentalo vós?

Por se queredes ler a noticia onde o entrevistaron por participar na banda sonora de Gladiator 2 pulsade nesta ligazón.

E xa para rematar continuamos con contos que nos axudan a introducirnos cada vez máis no mundo da música:

  • “O son do pitiño: un conto para aprender a tocar o pito pastoril galego” de Efraím Díaz Vázquez. Un conto para poder achegarse ao pito pastoril galego, un instrumento de vento que se atopa preto da gaita galega e da frauta doce.
  • “Os Bolechas fan unha banda” de Pepe Carreiro. Libro-disco que inclúe un conto cunha divertida historia da popular familia e un CD de dez intérpretes e grupos galegos dos máis diversos estilos: Novedades Carminha, Sés, O Sonoro Maxín, Transilvanians, etc.
  • “De aquí para alá” de Lydia Botana. Trátase dun libro didáctico que achega, á parte dun CD con 26 temas (karaoke incluído), unha guía didáctica onde se fala ademais de aspectos relacionados coa natureza (proceso de metamorfose), coa fauna (distintos animais de Oceanía), dos distintos ritmos musicais e instrumentos (Jazz, Reagge, Beat Box, Samba/ instrumentos de corda, vento e percusión), de festa, de deportes, das maneiras de saudar nas terras orientais e, por suposto, da nosa cultura, do que nos fai diferentes e especiais.
  • “A música das árbores” de Anxo Moure e Servando Barreiro. «Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet…» A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía.