Hoxe volvemos aos Galetiktokers e vemos outro dos vídeos gañadores: “As princesas tamén falan galego”.
Pois aquí tedes a protagonista Antía Castro presentado o reto:
Que ben sería poder termos todas as series que nos gustan en galego ou os cinemas cheos de propostas atractivas na nosa lingua. Pouco a pouco habémolo de ir logrando, pero mentres, deixámosvos enderezos web nos que atoparedes pelis e series para pasar unha fin de semana de sofá e manta:
Primeira serie musical de animación que presenta as aventuras da Banda do Bosque, formada polo paporrubio Robin, a pega Pegui, o peto Carpin e o merlo Merli. Ao longo dos episodios, os catro protagonistas descobren algo que esperta a súa curiosidade e non paran ata entender o que está acontecendo.
Aquí atoparedes unha ampla oferta de programas, series e películas para ver á carta. Escoitade que nos conta Esther da nova plataforma dixital da TVG neste vídeo:
@digochoeu Ei! Que os vídeos do DígochoEu tamén se poden ver na nosa nova plataforma dixital agalega.gal! 😁 Galicia galego TVG
As películas e series infantís e xuvenís que non vos podedes perder en galego para todos e todas. Tamén podedes acceder a unha selección de series e programas que marcaron unha época, dobrados ao galego. É un lugar ideal para quen quere revivir os clásicos ou compartilos coas novas xeracións.
Películas e series que están dispoñibles na nosa lingua tanto dobradas como subtituladas. A páxina ofrece unha busca sinxela para achar contido segundo a plataforma, a modalidade e o tipo de contido.
Cine de animación audiovisual, en stop motion, a partir de álbums ilustrados editados por OQO editora. Un espazo de recreación cinematográfica onde conviven historias que nos propoñen novas formas de mirar e de mirarnos.
É unha plataforma dixital que promove o cinema galego. Ofrece un catálogo de filmes, documentais e curtametraxes de creación galega, dando visibilidade ao traballo de cineastas e artistas que apostan pola nosa lingua.
Se queredes revivir as aventuras de Goku e compañía en galego, este é o voso sitio.
É unha plataformas comercial que inclúe contido en galego, tanto dobrado como subtitulado. Aquí podedes atopar filmes de autores galegos, clásicos dobrados e documentais.
Botádelle un ollo durante a fin de semana e o reto para o luns consistirá en que contedes que serie ou película en galego vistes ou cal quedastes con ganas de ver.
Deste reto tamén podemos facer unha listaxe de pelis e series favoritas para compartir co resto do mundo.