Quen presenta o reto para mañá? Unha moza moi activa nas redes sociais que ten sempre activado o Modo Galego. Ela, é unha artistaza con múltiples facetas: comunicadora, creadora de contido, cantante da orquestra Panorama, presentadora e reporteira en programas da TVG…
O curso pasado bailamos e cantamos con ela e con Grande Amore.
Hoxe animámosvos a coñecer outros temas coma este nos que colabora con DJ Sonic.
Lembrádesvos da cor da lingua? Hoxe vai un reto ben vistoso para que o mundo enteiro saiba que temos lingua propia e que non imos permitir que ninguén nola roube. Así o recolle unha das nosas leis máis importantes, o Estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 5.
O reto para mañá será traer unha, varias ou todas as uñas de COR AZUL (para poñelas azuis podemos utilizar esmalte, rotuladores, gomets… ou o que teñades pola casa). E quen prefira poñer algo azul noutra parte do corpo, adiante!
E vos sabedes como se chaman todas as partes do voso corpo?
Ímolas lembrar con:
“As Aventuras de Po” do programa Apego:
A lingua no lar
Abride os ollos con Esther… escoitade…
@digochoeu Non digas *párpado 👁 DígochoEu galego Galicia TVG
@digochoeu En galego non tes *legañas nos ollos 👁 #DígochoEu #galego #Galicia #TVG
Tamén podemos aprender as partes do corpo coa música de Mamá Cabra:
E para repasar as partes do corpo premede aquí.
Imos comprobar cantas cousas aprendestes hoxe:
Animádesvos a cantar e a bailar a canción «O esqueleto» de Migallas?
Para a xente máis cativa aquí tedes varias cancións para cantar, bailar e aprender as partes do corpo dunha maneira divertida:
“A miña boca”
E para lembrar as cores imos cantar:
Os grupos de infantil podedes cantar acompañados de Bibopalula A Banda do Bosque:
Os grupos de primaria podedes bailar e cantar “Unha comedia musical para chuparse os dedos”:
Rematamos cunha lista de contos para aprender máis cousas sobre o noso corpo:
- “O meu corpo” de Ivanke e Mey. Este é un álbum ilustrado moi visual no que dun xeito moi sinxelo e divertido apréndense todas as partes do seu corpo.
- “Aquiles, o puntiño” de Guia Risari e Marc Taeger. Aquiles xurdiu dunha folla en branco e fíxose a si mesmo: fai crecer os ollos, a boca o nariz, as orellas, os brazos e as pernas; todos coa función de ir máis aló, de experimentar vivencias novas, de medrar como ser vivo e coñecer todo o que o rodea.
- “As descubertas de Súper Mi: Descubramos o corpo” de Cee Cee Mia. Unha historia para descubrir como funciona o corpo a través de Minúsculo que se transforma en Súper Mi.