Bea Campos convídavos a superar un reto ben difícil! Ela é unha marabillosa contadora de contos e actriz que forma parte da compañía “Migallas Teatro. Comezou a contar contos dende moi noviña; realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, a festivais de artes escénicas de Latinoamérca.
Por moitas voltas que dea o mundo, a nosa lingua non se traba, por iso fomos quen de crear unha chea de trabalinguas ben xeitosos cos que podemos exercitar a lingua e botar unhas risas.
Lembrades onde vos dixo Bea que podedes atopar moitos trabalinguas? Premede aquí para velos.
Aquí tedes máis trabalinguas recitados no CEIP Salgado Torres:
O reto para mañá será traer aprendido un trabalinguas e compartilo co resto da aula. Tamén podedes traer as máis orixinais e divertidas adiviñas.
Se non sabedes ningún, podedes inventalo, buscar un que vos guste nas ligazóns anteriores ou preguntarlle aos avós, avoas, papás, mamás, tías, tíos ou a calquera outra persoa coñecida que vos poida axudar. Se xogades na casa a dicir trabalinguas e queredes compartilo, gravádeo e enviádenolo a través do ou da profe.
Neste vídeo o violoncellista estadounidense Rushad Eggleston improvisa poñéndolle música ao trabalinguas “Se vou a Bueu non bou, vou. Se non vou nun bou, non vou”.
Que difíciles son algúns trabalinguas! A Digochiño cústalle traballo aprendelos!
E se vos apetece recitar adiviñas para retar a xente para que as adiviñe podedes acudir ao portal da lingua galega ou tamén podedes premer nesta ligazón.
Agora imos xogar as adiviñas:
Traballo sobre adiviñas do CEIP Salgado Torres da Coruña
Xogamos ás adiviñas con Digochiño
Adiviñas e palabras realizada por TCRedes en galego :
Adiviñas sobre os froitos de Chilindradasaula;
Neste caso toca adiviñar contos:
Rematamos cun grupo de mascotas de trapo que nos achegan a unha divertida aventura: “Adiviña”
Contos:
- “Adiviñas” de Palmira G Boullosa. A autora ofrécenos vinte e oito adiviñas co recendo fermoso da literatura popular, moi sinxelas e breves pero, sobre todo, moi suxestivas e gozosas. Ler para xogar. Fedellar pensamentos para atopar solucións.
- “¿Que será, será…? Adiviñas para nenos de educación infantil” de Beatriz Boán González. Libro de adiviñas con debuxo para atopar a resposta.
- “Cen adiviñas para enredar” de Nones Araújo. Animais, elementos da natureza, froitas, xoguetes, materiais para a escola, profesións, contos tradicionais e festas escolares. Entre estas oito seccións repártese o cento de ocorrentes adiviñas que completan este libro. Unha manchea de textos sinxelos para poñer a proba a perspicacia dos cativos e enriquecer o seu vocabulario.