Canta, toca, baila, brinca…cancións para cantar e compartir… vai de aquí para acolá. Nos seus espectáculos fainos viaxar dunha maneira moi divertida, chea de humor, baile e cancións por todos os escenarios e lugares do mundo. Mola moito! Seguro que vós tamén brincastes con este artistazo, músico, actor, contacontos… para xente miúda e non tan miúda.
Moi preto de nós viven toda clase de animais. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos… co seu son. Abride os oídos e a cantar con Paco “Son animal”.
E seguimos coas palabras… Hai moita xente que busca nomes para os seus animais e por moito que procuramos atopamos varios libros de nomes para persoas, pero non demos con ningún para animais. Facémolo entre todos e todas?
O reto para mañá será escoller dous animais que vos gusten moito e buscarlles un nome galego. Podedes inspirarvos nas seguintes ligazóns, pero tamén podedes poñerlle vós un nome que vos guste especialmente.
O certo é que a rede está chea de materiais sobre os animais. Nós aquí achegámosvos algúns. Aquí van varios recursos relacionados cos animais da páxina de Aulas Galegas. Botádelle un ollo ás infografías que comparten de Orgullo Galego e as propostas de actividades, como estas. E na páxina de apego tedes no apartado de descargables e imprimibles unha colección de tarxetas para aprender un monte de expresións e nomes de animais, e no apartado de bits hai imaxes de animais moi chulas.
Tamén podedes aprender o nome dos animais con Galego para Peques
Mirade cantas cousas nos contan na páxina Ogalego sobre dez animais domésticos, escoitamos o seu son, aprendemos ditos e contos…
Digochiño quere ter unha mascota na casa, pero non ten nada claro que animal lle pode facer mellor compaña. Esther repasa con el algúns animais que poderían ser idóneos.
Digochiño está a barallar nomes de cans:
E que vos parecen estes nomes para cans e gatos que nos suxiren desde Orgullo Galego?:
Aquí tedes a Guía de nomes galegos da Real Academia Galega que recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes e inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Tamén podemos visitar a caixa dos nomes aportada pola Mesa.
Apetécevos aprender o son dos animais? Premede aquí.
Preguntámoslle a Esther como fan os animais?:
E que nos está a dicir Esther cando di: “Vou cofear o gato?”
@digochoeu Se me apaxas, eu coféote a ti 😍 DígochoEu galego Galicia TVG
Agora imos a xogar para ver canto aprendestes hoxe sobre os animais:
“Como falan os animais” do portal das palabras:
Que cousa, cousiña será…
“Tag dos nomes galegos” con Esther:
@digochoeu
E a xente cativa podedes aprender máis cousas sobre os animais a través dos contos e das aventuras dos Bolechas:
Conto: “A casa da mosca chosca”
Conto: “A orixe de Guau”
Conto: “A lanchiña do flamenco”
Os Bolechas imitan animais “Que animal”
Os Bolechas: “Coidado hai animais en casa”