Entrade e descubride todo o que podemos facer se activamos o galego.
Actividades dos centros
RETO 2
No día de hoxe o persoal a EIM A Madalena e os nenos enenas tiñamos que traer unha prenda de cor azul e unha folla de Carballo prendida na roupa. Tivemos un pouco de todo, follas de carballo naturais, follas de carballo pintadas e tamen follas de carballo de fieltro cosidas á roupa!!! todo un éxito.
RETO 4
Esta semana adicámoslla ao Rego da Andoriña, todos os nenos trouxeron da casa unha foro dun animal que puidera vivir preto do Rego da Andoriña, e trouxeron un montón de animais variados grilos, ras, sapos, cabaliños do demo,, vacas, pegas, andoriñas, serpes picapeixes, troitas… Falamos destes animais e imitamos os sons dos que non coñeciamos o son inventamos un son novo. E con todo isto e un instrumento musical que cada un trouxo da súa casa, convertémonos na Orquestra Andoriña. Pasámolo xenial e coñecemos novos animais que algúns ainda non coñecíamos.
RETO 11
Esta semana foi a semana do Rego de Riamonte, xa sabedes que cando andamos ao sol temos que protexer a cabeza cunha gorra ou un sombreiro para que non se nos queime o pensamento, o sombreiro tamén nos sirve para cando fai frío ou para cando nos queremos vestir de gala.
Esta semana vestímonos de gala na escola, as familias confeccionaron verdadeiras obras de arte propias da artesanía galega. Aquí tedes a mostra, non poderían ser mellores estes sombreiros!!!
O mércores os nenos e nenas desfilaron con orgullo cos seus sobombreiros de multitude de cores e de temáticas variadas, eso si todos feiros á man, sabemos que as nais/pais e avoas atrtistas fixeron un gran traballo, parabéns!!!
