
Instrucións xerais para secundaria

Como se vai a desenvolver?
Na semana do 13 ao 17 de xaneiro negociarase e asinarase o Acordo de compromiso lingüístico con todas aquelas aulas de 1º e 2º da ESO que van a participar no programa. As recompensas negociadas serán acordes co nivel de compromiso que decida asinar o alumnado durante as tres semanas que dure a actividade.
Na semana do 20 de xaneiro ao 7 de febreiro, os luns farase público na páxina web https://modogalegoames.gal/ un pequeno reto que o alumnado terá que cumprir durante esa semana.
Na Educación Secundaria, as persoas responsables comprométense a:
- Empregar o galego en todas as comunicacións, co alumando e entre todo o persoal do centro.
- O primeiro día entregaráselle a todo o alumnado de 1º e 2º da ESO unha chapa do MGA. Presentar ao alumnado o programa e visitar a web para iniciar o primeiro reto.
- Visitar os luns 27 de xaneiro e 3 de febreiro a páxina web para ver os seguintes retos. Os retos pódense adaptar ou modificar para axustalos ás características do voso alumnado e ás vosas necesidades docentes.
- Dedicarlle ao alumnado un tempo para comentar como lles vai o reto da semana, e sempre que sexa posible, facilitarlles que o cumpran.
Nesta primeira semana, como actividade complementaria, o alumnado poderá asistir a unha charla de Manuel Núñez Singala, comunicador, escritor e director do servizo de normalización lingüística da USC. Na charla, que leva por título “A lingua galega: unha oportunidade”, Singala conversará coa rapazada co obxectivo de transmitir que o galego tamén e seu e que non o deixen de lado.
Na semana do 10 ao 14 de febreiro poderanse recuperar aqueles retos que, por diferentes causas, puidesen quedar sen facer.
