
Imaxes do proxecto ‘Modo galego, actívao!’ © Imaxes: RAG | Montaxe: Praza.gal
Instrucións xerais para infantil e primaria

Como se vai a desenvolver?
Na semana do 20 de xaneiro ao 7 de febreiro, diariamente, dende que comece o compromiso, farase público na páxina web https://modogalegoames.gal/ un pequeno reto que o alumnado terá que cumprir nas seguintes 24 horas. Ao día seguinte, unha vez cumprido o reto, as persoas titoras repartirán un adhesivo entre o alumnado da súa aula. Cada adhesivo representa un superpoder asociado ao reto correspondente, é a insignia que demostra que o neno ou nena o cumpriu e pode ser pegado e coleccionado nunha ficha que se repartirá entre os alumnado.
Na Educación Infantil e Primaria, as persoas responsables comprométense a:
- Empregar o galego en todas as comunicacións, co alumando e entre todo o persoal do centro.
- O primeiro día negociarase e asinarase o Acordo de compromiso lingüístico. As recompensas negociadas serán acordes co nivel de compromiso que decida asinar o alumnado durante as tres semanas que dure a actividade. Ademais hai que distribuír entre o alumando unha pequena cartolina para pegar a colección de adhesivos. Nesta cartolina aparece a silueta do adhesivo correspondente e o número de orde para pegar os adhesivos.
- Visitar diariamente a páxina web para ver o reto e o vídeo do día. Lembrade que os retos se poden adaptar ou modificar para axustalos ás características do voso alumnado e ás vosas necesidades docentes.
- Darlle ao alumnado o tempo necesario para comentar como lles foi co reto do día, facilitar que o cumpran, valorar se o cumpriron ou non e repartirlles o adhesivo correspondente.
- Entrar diariamente na aplicación Activador MGA! e reflexionar canto activamos hoxe o modo galego.
Na semana do 10 ao 14 de febreiro poderanse recuperar os retos que, por diferentes causas, puideran quedar sen facer. Ademais aproveitarase esa semana para preparar a posta en escena final que realizará conxuntamente todo o alumnado de infantil e primaria o último día do programa.
