Ola de novo!

Lembrades que nos despediamos anunciando unha sorpresa: O FESTIVAL MODO GALEGO, ACTÍVAO!!

Un festival pensado para vós, para xuntar a toda a comunidade educativa amesá (nenas e nenos de todos os centros educativos de infantil e primaria, familias, profesorado…) e pasar unha tarde ben divertida cantando, bailando e festexando.
Será o venres, 17 de abril, a partir das 17.30 h na explanada do pavillón deportivo de Bertamiráns.

Grazas á colaboración do Concello de Ames, a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia, o vindeiro venres 17 de abril, todas as nenas e nenos e Ames, o voso profesorado e as vosas familias estades convidados a participar neste festival no que, ademais de pasalo ben coas vosas amizades, poderedes coñecer e compartir festa coas compas e cos compas de todos os centros educativos de Ames que participaron no programa MODO GALEGO, ACTÍVAO!

E que grupos van estar actuando??

Abrirán a festa AS MAIANAS, as artistas amesás que lle puxeron música ao noso programa coa canción que coñecedes ben: FALO GALEGO PORQUE QUERO!

E despois actuarán dúas das mellores bandas de música infantil do mundo mundial:
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA e a GRAMOLA GOMINOLA.

Na próxima semana, o profesorado entregaravos a todas as nenas e nenos un convite familiar co que poderedes acceder gratuitamente ao festival vós e a vosa familia.

As portas abriranse ás 17.00 h, a música comezará ás 17.30 h e rematará arredor das 20.30 h, así que… ata podedes traer a merenda para repoñer forzas entre actuación e actuación.

Contamos con todos e todas vós! Non faltedes!

Programación

Infantil e primaria

E chegou o día…

E chegou o día…

Hoxe despedímonos cun ata sempre!, ou máis ben cun ata pronto! Chegamos ao final desta edición pero o importante é que a aventura non remate aquí, senón que o Modo Galego continúe activado nas conversas, nos xogos, nas risas, na escola, na casa, nas festas, na rúa, no...

Agradecementos

Agradecementos

Estamos a piques de despedirnos, pero cun DEICA LOGO! ou máis ben cun ATA PRONTO! Foron días de compromiso, creatividade e ilusión, e agardamos que esta experiencia vos axudase a descubrir ou redescubrir todo o que a nosa lingua pode ofrecer e que vos animedes a...

Compartindo experiencias

Compartindo experiencias

Hoxe toca dicilo ben alto: QUE BEN O FIXESTES!!! Grazas por abrir as portas dos vosos centros e compartir as actividades realizadas e parabéns por esas propostas tan orixinais que se poden ver en cada un dos retos de cada centro. O máis importante? O entusiasmo co que...

Secundaria

Reto 3: Música con lingua

Reto 3: Música con lingua

Cantar na nosa lingua é un xeito de vivila, de gozarmos dela e de celebrala. Mais a lingua tamén nos axuda a conectar de xeito directo co que nos di a canción. Imos botarnos a falar cantando. Porque cantar mola e facelo na nosa lingua aínda máis. O panorama musical...

Reto 2: E ti, como conectas?

Reto 2: E ti, como conectas?

Esta semana deixámosvos dous vídeos inspiradores protagonizados por un mozo e unha moza cos que seguramente poidades conectar e compartir reflexións. Os vídeos son do proxecto E ti, que alinguas? da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, ALINGUA, unha...

Reto 1: Escape Room Musical: a Playlist da túa vida

Reto 1: Escape Room Musical: a Playlist da túa vida

Aquí estamos de novo, cunha chea de actividades para activar o modo galego dentro e fóra do IES. Sabiades que levou un premio moi especial: o Premios Mil Primaveras. Parabéns a todos e a todas e aos vosos profesores e profesoras por activar o modo galego. E atentos,...

Edición 2022-2023

Edición 2023-2024

Edición 2024-2025

Carta ás familias

Alumnado

Profesorado non formal

Centros educativos

Docentes