1 mes de compromiso co galego en Ames

ACTIVAMOS!

0

DÍAS

Entrade e descubride todo o que podemos facer se activamos o galego.

Actividades dos centros

Reto 2

E seguimos con unha participación altísima cos obxectos favoritos dos nenos e das profes, temos peluches, contos, xoguetes e incluso algunha radio e algun microfono!!! Os mais pequenos tamen teñen axouxeres, chupetes e incluso un piano. Incluso unha profe trouxo o primeiro chupete da sua filla que xa ten 18 anos!!! Entre as profes temos pelotas, libros, peluches e os bolsos que nos gustan tanto a todas!!!

Canción da familia de Naia, é unha canción típica do Cebreiro, de onde ven a familia materna de Naia «Ond´has d’ir á herba»

Reto 4

A clase de 2-3 A coa sua orquestra.

Reto 6

Hoxe os nenos e as nenas da escola decidiron pintar as uñas de azul, pintar algo azul nas mans ou poñer gomets azuis polas mans e outras partes do corpo.

Reto 7

Hoxe trouxeron un bo listado de adiviñas e trabalinguas os nenos e as nenas da escola. Tamén aproveitamos para facer un contacontos coa concellería de Medio Ambiente, que nos trouxo de agasallo o libro dos Bolechas, «A carballeira dos Trasnos».

Reto 8

Os contos preferidos dos nenos e nenas.

Reto 9

No reto de hoxe tiñan que traer as primeiras palabras en galego ou para os e as que aínda non falan, compartían as palabras agarimosas que os seus pais e nais usen coas crianzas. Con todas as palabras fixemos un mural simulando a bandeira galega e todas as familias poden ver expostas as súas palabras na entrada da escola.

Reto 10

O noso avión con todos os lugares e aledas das nosas familias, hai de toda Galiza, as catro provincias están representadas na nosa viaxe. Os lugares están expostos na porta principal da escola para que todo o mundo poida velo!!!

Reto 11

Os nenos e as nenas do cole coas pulseiras azuis.

Reto 12

As crianzas e as familias: Eu falo galego e ti?

Reto 13

Hoxe escollemos as persoas que mellor activaron o Modo Galego, e as gañadoras foron Araceli Rico e María Iglesias.

Reto 15

Está sendo espectacular a participación das familias. Presentamos o reto do lema para activar o galego dende lemas a poesías. E ata algunha poesia rimada!

Quérote en galego!
Sementa galego!
Eu son de lingua azul!
Libera a lingua, fala galego!
Con orgullo e paixón levo o galego no meu corazón!
O galego e máxia… falao e verás!
A nosa escola en galego mola!

Ó ano andei
ós dous falarei
e se é en galego
Orgulloso estarei.

Se mais xeitosiño
e fala mais galeguiño.
Non me sexas toxiño!

Baile

Recuperación dos retos