Entrade e descubride todo o que podemos facer se activamos o galego.

Actividades dos centros

RETO 4

Falamos do rego da andoriña, observamos fotos dos animais que podiamos encontrar na zoa , aprendemos os seus nomes e despois cantamos, cos instrumentos que trouxeron da sua casa, a cancion POLO RIO ABAIXO.

RETO 8

Aproveitando que nos encantan as flores e que temos nenos que viven en Lens onde está unha camelia preciosísima, o noso reto de hoxe foi traer moitas flores, as que mais nos gusten, e ensinarnos o seu nome ao resto dos nenos e nenas da aula.

MENSAXES

Moitas familias enviaron a escola mensaxes animando a todos a falar en Galego.