Imaxes do proxecto ‘Modo galego, actívao!’ © Imaxes: RAG | Montaxe: Praza.gal

Instrucións xerais para infantil e primaria

Como se vai a desenvolver?

Cada semana desde o 12 ao 30 de xaneiro, diariamente, dende que comece o compromiso, farase público na páxina web https://modogalegoames.gal/ un pequeno reto que o alumnado terá que cumprir nas seguintes 24 horas. Ao día seguinte unha vez cumprido o reto, as persoas titoras repartirán un adhesivo entre todo alumnado da súa aula. Cada adhesivo representa unha parroquia do concello, é a insignia que demostra que o neno ou nena o cumpriu e pode ser pegado e coleccionado nun álbum que se repartirá entre o alumnado onde está representado o mapa do concello.

Na Educación Infantil e Primaria, as persoas responsables comprométense a:

  • Empregar o galego en todas as comunicacións, co alumando e entre todo o persoal do centro.
  • O primeiro día negociarase e asinarase o Acordo de compromiso lingüístico. As recompensas negociadas serán acordes co nivel de compromiso que decida asinar o alumnado durante o mes que dure a actividade. Repartirase entre o alumnado un álbum co mapa do concello de Ames.
  • Visitar diariamente a páxina web para ver o reto e o vídeo do día. Lembrade que os retos se poden adaptar ou modificar para axustalos ás características do voso alumnado e ás vosas necesidades docentes.
  • Darlle ao alumnado o tempo necesario para comentar como lles foi co reto do día, facilitar que o cumpran, valorar se o cumpriron ou non e repartirlles o adhesivo correspondente.
  • Entrar diariamente na aplicación Activador MGA! e reflexionar canto activamos hoxe o modo galego.

Na semana do 2 ao 5 de xaneiro poderanse recuperar os retos que, por diferentes causas, puideran quedar sen facer.