Instrucións xerais para secundaria

Como se vai a desenvolver?

Cada semana desde o 12 ao 30 de xaneiro, os luns farase público na páxina web https://modogalegoames.gal/ un pequeno reto que o alumnado terá que cumprir durante esa semana.

Na Educación Secundaria, as persoas responsables comprométense a:

  • Empregar o galego en todas as comunicacións, co alumando e entre todo o persoal do centro.
  • O primeiro día, presentarase o programa e cada unha das aulas participantes negociará e asinará o Acordo de compromiso lingüístico. O alumnado xunto co profesorado encargado de levar a cabo o programa, negociarán o nivel de compromiso que están dispostos a asumir e un premio conxunto ao remate da experiencia. As recompensas negociadas serán acordes co nivel de compromiso que decida asinar o alumnado durante o mes que dure a actividade. Este acordo quedará pendurado nun lugar visible da aula, para que todos e todas poidamos lembrar que estamos co Modo galego activado! Ese mesmo día entregaráselle ao alumnado de 1º e 2º da ESO un estoxo do MGA e visitarase a web modogalegoames.gal/ para iniciar o primeiro reto.
  • Visitar os luns 19 e 26 de xaneiro a páxina web modogalegoames.gal para ver o seguintes reto. Os retos pódense adaptar ou modificar para axustalos ás características do voso alumnado e ás vosas necesidades docentes. Se non pode ser os luns, visitarase outro día da semana e terase en conta que o alumnado contará sempre con 7 días para desenvolver o reto proposto.
  • Dedicarlle ao alumnado un tempo para comentar como lles vai o reto da semana, e sempre que sexa posible, facilitarlles que o cumpran.

Na semana do 2 ao 6 de febreiro poderanse completar os retos que, por diferentes causas, puideran quedar sen rematar.