Temos todas as pezas!
Temos todas as pezas! é o tema da primeira semana. O obxectivo destes días é amosarlle ao alumnado que o galego é unha lingua completa e que pode asumir calquera función. As actividades estarán orientadas a explorar todo do que dispoñemos nesta lingua, reflexionar sobre o que non hai e xerar os nosos propios contidos.