Educación Infantil
Terceira semana
A última semana dedicarémola a cantar e bailar escoitando a diferentes artistas e grupos que se dedican a compoñer cancións paras as crianzas en lingua galega e portuguesa. Festa rachada!. E tamén celebraremos o día internacional do xogo.
Todos e todas xuntas inventaremos a nosa propia canción e baile co tema “Fala galego comigo” para despedir estes días xuntos de Máis Galego. Actívao!
Luns 27
Música infantil en portugués
Martes 28
Día internacional do xogo
Mércores 29
Música infantil en galego
Xoves 30
Mestura de bailes
Venres 31
Canción e baile:
“Fala galego comigo”
Cantaremos e bailaremos con diferentes grupos musicais que, ademais de pasalo moi ben escoitándoos, nos axudarán a crear o noso baile e a nosa canción para rematar esta parte do proxecto.
Segunda semana
Esta semana estará dedicada a pescudar arredor do patrimonio ambiental e cultural do noso concello para rematar construíndo un vídeo co fin de poñer en valor a riqueza do noso concello dende a curiosidade e as sensacións. Traballaremos a lingua e o patrimonio utilizando un enfoque lúdico para coñecer e recoñecer a riqueza de Ames amais de valorala e difundila.
Luns 20
Os animais da nosa bisbarra
Martes 21
As plantas da nosa contorna
Mércores 22
As árbores da nosa contorna
Xoves 23
O meu sitio favorito de Ames
Venres 24
Vídeo sobre Ames
Aquí tedes un exemplo como fixeron no CEIP Figueiroa para promocionar o seu concello participando educación infantil xunto con primaria.
Primeira semana
O haiku é un poema de orixe xaponés que se caracteriza por tratar temas vinculados á natureza ou a vida cotiá. Estes poemas están formados por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, pero tampouco é necesario utilizar sempre esta métrica. Unha das súas características é que non ten rima. Tradicionalmente, os poetas e poetisas representaban os seus haikus cunha simple ilustración, coñecida como haiga. Os haikus permitirán aos nenos e nenas darlle máis sentido as súas experiencias e canalizar as súas emocións e sentimentos coa finalidade de aprender ao longo da semana temas asociados á natureza e ás emocións.
Soamente temos que prestar atención, poñer os cinco sentidos, mirar ao redor ou imaxinar unha escena ambientada na natureza, abraiarse por algo e describir o que queremos nunha poesía.
Así que durante a primeira semana imos coñecer os sentidos a través dos alimentos e todo o que nos abraia da natureza que nos circunda e adentrarnos no mundo das emocións para rematar a semana creando os nosos haikus ou haigas.
Luns 13
Presentación do programa e asinar o “Acordo compromiso lingüístico”
Martes 14
Os alimentos e os sentidos:
Os alimentos, sabores e ulidos
Mércores 15
A meteoroloxía: Que tempo che gusta máis?
Xoves 16
As nosas emocións:
A vida é unha caixa máxica
Venres 17
Creamos haikus ou haigas
Para crear os haikus podemos axudarnos de: