Instrucións
Instrucións para completar o acordo de compromiso lingüístico
O obxectivo do Acordo de compromiso lingüístico é darlle entidade ao pacto entre o alumnado e a titora ou titor mediante a representación da sinatura dun contrato.
A actividade require que a persoa responsable pense algo ao que se poida comprometer e que sirva de incentivo para que o alumnado se involucre co programa. Cada docente escollerá aquilo que saiba que pode cumprir e que considere positivo de acordo ao coñecemento do alumnado e as súas dinámicas e intereses. Estes son algúns exemplos que a nós se nos ocorren e que achegamos:
Facer unha pequena excursión a tal sitio.
Ver un día tal película.
Deixar saír cinco minutos antes ao recreo durante unha semana.
A dinámica será algo coma o que sigue:
Unha vez presentado o programa ao alumnado e lida a entrada do blog, a titora ou titor procederá a ler en voz alta e con ton solemne o documento.
Unha vez asinado polas partes (dun lado, a titor ou titor e, do outro, unha por unha, todas as alumnas e alumnos) este deberá estar pendurado nun lugar visible da aula, de xeito que a titora ou titor poida acudir a el para lembrarlle ao alumnado as condicións do programa no que está a participar.