Luns 3: e chegou o día!
E agora si, rematamos coas 3 semanas de compromiso co galego. Sabedes quen acaba de firmar o compromiso lingüístico este pasado xoves 30 de maio? Premede na seguinte ligazón. Chegamos ao último día e esperamos que o pasarades moi ben, que vos gustase ter máis contacto...
Venres 31: reflexión final
Xa case rematamos! Chegou a reflexión final que, desta vez, pedímosvos que fagades a nivel colectivo na aula e a nivel individual na casa. Aquí van as preguntas: Que aprendestes a primeira semana? E a segunda e terceira semana? Cales foron as actividades que máis vos...
Xoves 30: o galego é o futuro
Quedan poucos días para rematar o reto pero o compromiso de activar o galego non pode desaparecer como nos di Irma, Cantante de Luar na Lubre. Como xa vistes estes días poderiamos dicir que o galego é unha lingua firmemente asentada nas novas tecnoloxías e que...
Mércores 29: os novos falantes do galego
O tema de hoxe son as persoas neofalantes. PREGUNTA Segundo o dicionario da RAG, neofalante é a persoa que se acaba de incorporar ao uso dunha...
Martes 28: o galego, unha porta ao mundo!
Onte vimos outros sitios nos que se falaba galego ademais de Galicia pero, a que outros países se vos ocorre que poderiamos viaxar falando en galego e que nos entendan perfectamente? A resposta está neste vídeo: PREGUNTA • Coñecedes todas esas bandeiras? Tamén disto...
Luns 27: lingua maioritaria
No mundo hai máis de 5000 linguas. Se hai ao redor de 200 estados, máis ou menos, cal é a media de linguas por Estado? Pois se hai Estados coma o noso, que só teñen cinco ou seis linguas (algúns mesmo só teñen unha ou dúas), imaxinade o que haberá por aí para que dean...
Venres 24: reflexión segunda semana
Xa estamos no final da segunda semana e polos traballos que nos estades a enviar parece que tedes activado o modo galego a tope. Parabéns a todos e a todas! No CEIP BAROUTA móstrannos os haikus que fixeron para Luísa, as súas dotes musicais a través dun Galeoke e...
Xoves 23: deportistas de Ames
O lema de hoxe é “exercitemos o galego”. Sabendo que o galego serve para comunicármonos en todos os eidos da vida, como non vai ser así tamén no deporte. Hoxe imos coñecer deportistas de éxito que están a levar o galego ata máis lonxe! Comezamos cun saúdo de Antía...
Mércores 22: Concello de Ames, patrimonio e cultura
Imos facer unha pequena viaxe polo concello de Ames para descubrir cousas moi interesantes. 7 capelas e 11...
Martes 21: a terra que pisades
Quizais non coñezades a definición de toponimia, pero seguro que sabedes dicir de maneira automática en que cidade ou aldea nacestes e seguro que tamén vos gusta viaxar e coñecer novos lugares, cidades ou montañas. É aquí onde entra en xogo a toponimia, o estudo dos...
Luns 20: a lingua de Ames
Arrincamos a segunda semana do compromiso lingüístico de Modo galego, actívao! Esta segunda semana comeza co saúdo dun dos veciños máis coñecidos da parroquia de Bugallido, a ver que nos di: PREGUNTAS: Como foi esta fin de semana na que tivestes un día máis sen cole?...
Venres 17: remata a primeira semana
Hoxe o día das Letras Galegas dedicado pola Real Academia Galega a Luisa Villalta chegamos ao final da primeira semana e seguro que vos estades implicando moito e tedes funcionando o Modo Galego a tope! Hoxe é venres e tócanos reflexionar. Como o venres é festivo,...
Xoves 16: lingua e literatura
Imaxinade que tedes unha caixa chea de palabras en galego. Cada palabra é coma unha peza dun quebracabezas que, cando as xuntas, forman historias sorprendentes. As escritoras e escritores teñen unha habilidade especial para usar o idioma e crear con el un mundo entre...
Mércores 15: o galego nas redes
Como seguro xa sabedes polo ano pasado, o galego atopou na rede un espazo onde medrar e establecerse. A día de hoxe contamos con creadores de contido en Youtube, TikTok, Instagram ou Twitter/X. Tamén atopamos contido en galego froito do auxe dos podcast ou da...
Martes 14: Unha lingua de música!
Hoxe imos a falar da... música en galego! Sabedes que temos un montón de artistas e grupos de música que cantan en galego? É verdade! Pero antes necesitamos que nos contestedes a unhas PREGUNTAS. Estades preparados e preparadas? Aquí van: Coñecedes algún grupo de...
Luns 13: Volve o Modo Galego. Actívao!
O curso pasado comezamos co proxecto Modo galego. Actívao! e tivo un grande éxito. Os nenos e nenas déronos unha gran lección! O alumnado de Ames díxonos que si que sabían falar galego e que o falarían con todo o mundo e en todas as situacións se nós lles axudabamos,...