Xa case rematamos! Imos aproveitar este día para facer unha pequena reflexión final que pode ser de xeito colectivo na aula ou de xeito individual na casa.
- Como vos sentistes ao participar no Modo Galego?
- Que cousas novas descubristes no proxecto?
- En que momento foi máis doado activar o Modo Galego?
- E cando foi máis difícil de activar?
- Cales foron as actividades que máis vos gustaron nestas semanas?
- Que anécdotas vos aconteceron durante estas semanas co modo galego activado?
- Que outras actividades vos gustaría facer dentro do programa Modo Galego, actívao! para o próximo ano? Dádenos ideas para mellorar!
Gustaríanos moito que compartades con nós as vosas reflexións finais!
O Activador MGA! xa non está dispoñible. Parabéns a todas as aulas por ese Modo galego tan activado!
Vémonos mañá!