O programa modo galego está a piques de rematar, pero non podería facelo sen unha festa final na que vos toca sacar esa vea artista que levades dentro. Seguro que coñecedes o grupo de música tradicional As Maianas, verdade? Son un grupo de cantareiras que naceu dun obradoiro de música tradicional do Concello de Ames, que comezou a súa andaina no ano 2007 e que vos saudaron o curso pasado. Pois elas son as que vos van a presentar o reto final.
O reto é que o 14 de febreiro imos pechar o programa bailando e cantando conxuntamente a canción FALO GALEGO PORQUE QUERO!! que as propias Maianas crearon explicitamente para o programa Modo Galego, Actívao! Que vos parece se lle mandades vós un saúdo as Mainas dándolles as grazas por compoñer e producir esta marabillosa canción e baile para todos os nenos e nenas de Ames.
Ademais de cantar e bailar, se algún alumnado, profesorado, nai, pai… se quere sumar á festa tocando algún instrumento tradicional, xenial. O caso é, neste ano no que a música tradicional vai ser protagonista, activar tamén uso do galego cantando e bailando dun xeito lúdico e festivo.
O día da festa dádeo todo e a divertirvos a tope, mostrando o orgullosos e orgullosas que estades de falar galego porque quero e de vivir en Ames.
Ademais de aprender e ensaiar o baile e a canción, nesta semana toca a “repesca” daqueles retos que non deron tempo a rematalos para conseguir o superpoder. Ups, ímoslle preguntar a Esther se está ben dito “repesca”:
@digochoeu Non digas *repesca 🎣 #DígochoEu #galego #Galicia #TVG
Aproveitamos para lembrarlle ao profesorado que suban todos os traballos que queiran compartir e que esta semana imos seguir poñendo cousiñas na web.