Hoxe imos a falar da… música en galego! Sabedes que temos un montón de artistas e grupos de música que cantan en galego? É verdade!
Pero antes necesitamos que nos contestedes a unhas PREGUNTAS. Estades preparados e preparadas? Aquí van:
- Coñecedes algún grupo de música ou artista que cante en galego? Cal é voso grupo ou artista favorito?
- Por que pensades que é importante que os grupos de música ou artistas canten en galego?
- A que música en galego mola? Para vós, que é o que máis mola da música en galego?
Dentro da música en galego, hai de todo! Temos artistas en solitario, orquestras e agrupacións musicais que gravan discos con diferentes estilos de música (electrónica, fusión, ska, rock, folk, indie…) coa a intención de transmitir emocións, mesturando referentes tradicionais e urbanos.
Aquí vos presentamos unha lista feita pola xente de Orgullo Galego e tamén podesde acudir a Cultura Galega onde aparecen grupos de onte e de hoxe, ordenada por xénero ou xéneros principais, para que busquedes cales son os vosos preferidos.
E tamén temos algún reto para vós… precisamos que fagades de detectives e resolvades estes retos:
- Buscade os grupos ou artistas musicais que non aparecen na lista.
- Cantos artistas galegos recoñecedes no seguinte vídeo? Que credes que nos queren transmitir na canción? Unha pista… fixádevos no título da canción!
- Como podedes axudar a que máis persoas coñezan e escoiten a música en galego?
Animádevos a compartir as vosas ideas, as cabezas xuntas sempre pensan mellor!
E seguro que coñecedes a estes dous músicos…
Unha aperta moi grande de parte dun equipo de amantes da música en galego! E lembrade que entre todos e todas podemos axudar a que a música en galego siga a soar forte e claro.
Para Educación Infantil:
Hoxe imos falar sobre os alimentos e os nosos sentidos. Sabiades que os alimentos son aquelas cousas ricas e saudables que comemos para estar fortes e crecer sans? E sabiades que temos uns sentidos moi especiais que nos axudan a descubrir e gozar dos alimentos?
Sabiades ou non sabiades? Ah, pero antes de contestar, ímosvos facer unhas preguntas culinarias… unhas preguntas de comer, ulir e ver!:
- Que alimentos che gustan máis?
- Que alimentos che cheiran ben?
- Que sons escoitas cando mordes o pan, unha pera ou unha galleta?
- Que cores había hoxe na túa comida?
Os nosos sentidos son como os nosos superpoderes. Con eles podemos ver, escoitar, ulir, tocar e probar os alimentos. Cada sentido fainos sentir cousas diferentes:
- A vista: con este superpoder podemos ver as froitas, as verduras e moitos outros alimentos na casa ou na tenda coas súas cores, todas diferentes e bonitas.
- O oído: con este superpoder escoitamos os sons que fan os alimentos cando os cortamos, mordemos ou cociñamos.
- O olfacto: con este superpoder podemos ulir o aroma da comida que aparece no noso prato á hora de xantar e tamén a froita fresca.
- O tacto: con este superpoder podemos sentir a textura dos alimentos e descubrir a pel suave dun melocotón.
- O gusto: con este superpoder podemos probar os alimentos e sentir os seus sabores como o doce do mel.
Espero que vos guste aprender sobre os alimentos e os sentidos.
No programa Apego podemos atopar estes manteis imprimibles para aprender a poñer a mesa e mais uns bits con vocabulario dos alimentos imprimibles ou para ver na pantalla.
Se precisades ideas de léxico, lembrade os volumes do Proxecto Artello. Os alimentos están no primeiro deles ou a través desta experiencia que comparte o CEIP Luis Seoane, Que fame!:
E unha vez que aprendemos sobre os alimentos e os sentidos, imos converternos en superheroes e superheroínas para poñer en práctica os nosos sentidos para descubrir as sensacións que nos producen os alimentos a través dos sentidos. Podedes gravarvos para compartir co resto dos compañeiros e compañeiras dos outros coles pero, antes diso, imos a escoitar a Paco Nogueiras:
Lembrade que é importante comer de todo, poñer moitas cores no noso prato e gozar de cada bocado con todos os nosos superpoderes. E para despedirnos poñede a funcionar o voso superpoder do oído para escoitar a Mamá Cabra cantando “Todo natural” e a María Fumaça cantando “A horta de Balbina”, a ver que nos cantan…