Xa case rematamos! Chegou a reflexión final que, desta vez, pedímosvos que fagades a nivel colectivo na aula e a nivel individual na casa. Aquí van as preguntas:
- Que aprendestes a primeira semana? E a segunda e terceira semana?
- Cales foron as actividades que máis vos gustaron nestas semanas?
- Considerades que nestas tres semanas aumentou a vosa competencia oral en galego?
- Como credes que lle vai ir ao galego no futuro?
- Esta experiencia axudouvos a coller soltura á hora de desenvolvervos ante unha cámara? Gustouvos a experiencia?
- As gravacións de reflexión fóronvos útiles?
- Que anécdotas vos aconteceron durante estas semanas co modo galego activado?
- Gustouvos participar no Modo Galego, actívao!?
- Queredes que de novo volvamos a facer Modo Galego, actívao! no voso cole?
- Que outras actividades vos gustarías facer dentro do programa Modo Galego: actívao! para o próximo ano? Dádenos ideas para mellorar!
- Animariádesvos a manter activado o modo galego activado máis alá destes vinte e un días?
Gustaríanos moito que compartísedes con nós as vosas valoracións finais!
E, para rematar, hoxe fálanos unha das vosas veciñas máis ilustres que nos vai explicar un dos superpoderes do galego:
Agardámosvos aquí o luns coa nosa despedida e compartindo o traballo de todos os coles.
Aproveitamos para lembrarlle ao profesorado que suban todos os traballos que queiran compartir.