Xoves 30: o galego é o futuro

Quedan poucos días para rematar o reto pero o compromiso de activar o galego non pode desaparecer como nos di Irma, Cantante de Luar na Lubre.

 

Como xa vistes estes días poderiamos dicir que o galego é unha lingua firmemente asentada nas novas tecnoloxías e que pode ser unha “vantaxe diferencial” na creación de contidos na rede. Ademais, está entre as 30 linguas máis empregadas en Internet!

 

PREGUNTAS

  • Usades páxinas de Internet en galego? Cales?
  • En que linguas tedes os vosos dispositivos electrónicos?

Lembrade que telos en castelán significa que che van esconder a parte da web que está en galego e vaiche ser máis difícil chegar a ela! Se queredes configuralos en galego, nesta ligazón tedes as guías para facelo en case calquera dispositivo.

A maiores, a intelixencia artificial xa entende o galego grazas ao proxecto Nós que desenvolveu o primeiro recoñecedor que entende o galego oral e o converte a texto, ademais dunha aplicación de síntese de voz que, partindo dun texto, é quen de ler en galego. Sabiades que podedes colaborar co proxecto Nós para mellorar a presenza do galego no mundo dixital? Premede nesta ligazón.

Por outra banda, a industria do videoxogo en Galicia está nun momento efervescente. Coñecedes o xogo “Avy, Fábulas da Noite”? Este videoxogo triunfou o ano pasado nos X Premios ioKool Playstation Talents como podedes ler nesta noticia.

 

PREGUNTAS

  • A que videoxogos xogades vós?
  • Coñecedes videoxogos en galego? Xogades a algún deles?
  • Apetécevos axudar a Recuncho Gamer a crear nomes para as mecánicas e xéneros de videoxogos en galego? Mirade o seguinte vídeo:

 

A través da Asociación galega de videoxogos e contidos interactivos e web de devuego podedes coñecer videoxogos en galego. E para mantervos actualizadas e actualizados podedes ler a Revista Morcego, unha páxina na nosa lingua especializada nas novas tecnolóxicas e en recensións de videoxogos.

Para rematar, apetécevos facer outra ROLDA DE PASAPALABRA?

E se queredes crear a vosa roda de pasapalabra coa axuda dos vosos profesores e profesoras abride a seguinte ligazón.

 

PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe imos bailar. Os bailes son unha forma de expresión, como cando cantamos ou pintamos. Hai moitos tipos de bailes e cada un ten algo especial: a muiñeira, o flamenco, o hip-hop, o ballet, as danzas africanas… entre moitos outros!

  • Cales destes bailes coñecedes?
  • Cales outros bailes coñecedes?
  • Hai algún baile que vos guste máis?

Lembrade que bailar é unha maneira estupenda de divertirse e expresarse. Estades listos para bailar? A mover o corpo e a gozar co ritmo!

Ides empezar co xogo da Carrasquiña de Pesdelán.

 

E agora ides intentar bailar unha Muiñeira.

 

Pasamos a bailar con Uxía Lambona e a Banda Molona a canción de Muxía&Roll.

 

E a canción “Esto bailase así”.

 

E, para rematar, atrevédesvos a bailar o Shuffle?