Luns 27: lingua maioritaria

No mundo hai máis de 5000 linguas. Se hai ao redor de 200 estados, máis ou menos, cal é a media de linguas por Estado? Pois se hai Estados coma o noso, que só teñen cinco ou seis linguas (algúns mesmo só teñen unha ou dúas), imaxinade o que haberá por aí para que dean os números!

E destas linguas, cales credes que son as máis faladas?

En que posto credes que está o galego?

Ver o seguinte video para sabelo.

PREGUNTA

Xa vedes que o galego está no 3% das linguas máis faladas do mundo, por diante de linguas oficiais de países coma o esloveno ou o islandés!

Como pode ser, se só se fala en Galicia? Pois en parte, porque o galego non só se fala en Galicia. Coñecedes outros sitios onde se fale?

Para responder a esta pregunta podedes ir ao portal da lingua galega.

E onde non se fala, a xente crea espazos para facelo!

Aquí tedes un exemplo dun grupo de persoas que crearon un espazo que se chama “Non hai fronteiras” para falar e aprender galego en Madrid. Tamén crearon un “mapeado” no que as persoas poden plasmar as súas vivencias co idioma.

Con todo, aínda queda xente que pensa que o galego “non é moi útil”. Deste tema fálannos o alumnado do CEIP San Clemente de Cesar no seguinte podcast sobre “Os prexuízos do galego”:

 

– A que conclusión chegastes despois de escoitar o podcast?

Para seguir reflexionando escoitade o seguinte vídeo que fixo o CEIP Xuvencos e que titulan “O galego Mola”:

Agora toca poñer en práctica esas dotes musicais que todos e todas tedes. Escollede a que máis vos guste e a cantar!

MÁIS GALEGO. UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

BRINCA VAI: MEU MUNDO É! PACO NOGUEIRAS

AI, HO, GALEGO (CHOLO E NELA)

E TÚA PÁSAA DE FÁTIMA PEGO E GRANDE AMORE

DUO VAGUEDDES CON PACO NOGUEITAS: SACAR A LINGUA

Karaoke do tema «Superlingua» do disco «BRAVAS, O Rexurdir da Luz» de A Gramola Gominola.

 

PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe imos falar das cancións en portugués.

PREGUNTAS

  • Coñecedes algunha canción en portugués?
  • Sabedes dicir algunha palabra en portugués?

As cancións en galego e en portugués teñen moitas cousas en común. Ambas son moi alegres e falan de xogos e historias e as palabras parécense moito. Ademais, as melodías son sinxelas e pegadizas, o que fai que sexa moi fácil aprendelas e cantalas todos xuntos e xuntas. Así que hoxe imos escoitar e cantar cancións en portugués.