Luns 3: e chegou o día!

E agora si, rematamos coas 3 semanas de compromiso co galego.

Sabedes quen acaba de firmar o compromiso lingüístico este pasado xoves 30 de maio? Premede na seguinte ligazón.

Chegamos ao último día e esperamos que o pasarades moi ben, que vos gustase ter máis contacto coa nosa lingua e que vos animedes a empregala no voso día a día para que o galego estea máis presente entre nós.

Escoitade a mensaxe que vos envía Pakolas:

 

Como se pode ver nos traballos compartidos por cada un dos centros, tanto o profesorado coma vos implicástesvos moito e tivestes activado o modo galego a tope. Aquí compartimos as ligazóns de cada centro:

  • EEI A IGREXA

 

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTE ESPAZO CON NÓS!

Antes de nos despedir, querémosvos agradecer o esforzo e dedicación postos nestes días, no nome da Real Academia Galega e do Concello de Ames. O voso entusiasmo, compromiso e participación activa foron fundamentais para o éxito deste proxecto. Tamén queremos darlles o noso agradecemento ao profesorado do EEI Milladoiro, CEP Ventín, CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía e tamén ás EEI de Covas e A Igrexa polo seu esforzo incansable e creatividade. Tamén ás e aos profesionais dos servizos complementarios, ás escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena, ás ANPAS e ao conxunto das familias.

Un recoñecemento especial aos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de todos os centros. Finalmente, a todas as nenas e nenos que o deron todo para que o galego siga sendo unha lingua presente en todos os ámbitos da nosa vida.

Este programa non sería posible sen a colaboración e o esforzo de todos e todas vós.

MODO GALEGO, ACTIVADO!

E, por último, agradecer os colaboradores e colaboradoras a súa participación mandando unhas mensaxes capaces de inspirar e motivar aos nenos e nenas do Concello de Ames para fomentar o amor pola nosa lingua. Un agradecemento tamén ao presidente da RAG (Víctor Freixanes), ao alcalde Ames (Blas García), ao músico e actor Josito Porto, ao músico Brais das Hortas, á periodista Mafalda González, ao médico e xenetista Ángel Carracedo, ao coordinador da unidade técnica de onomástica e toponimia da RAG Vicente Feijoo, ao rapeiro Big Meu (Martín Represa), a Inés Suárez integrante do grupo de música “As Maianas” , ao deportista e profesor Diego Rojo, á futbolista internacional do Orzán Antía Veiga, ao gaiteiro Pablo Seoane, ao actor Miguel Lira, a Kika, unha nai de nenos do CEP Ventín, a Olaia Maneiro, integrante do grupo “Tanxugueiras”, ao cantante e compositor Xavier Díaz, á actriz Ana García, á integrante do grupo de música “Luar na Lubre” Irma Macías, a Rosalía interpretada por Tero Rodríguez e a Pakolas que pecha este día.