Reflexión final

Seguimos por aquí esta semana e hoxe gustaríanos propoñervos unha pequena posta en común da experiencia de ter o Modo Galego activado.

Esta reflexión podédela realizar na aula, de maneira colectiva, ou tamén na casa, compartíndoa coa vosas familias. Preparados e preparadas? Alá imos!

  • Como foi a vosa experiencia ao participar no Modo Galego? Houbo momentos inesperados, divertidos ou especiais?
  • En que situacións vos resultou máis doado activar o Modo Galego?
  • En cales custou un pouquiño máis activalo?
  • Que actividades destas semanas vos pareceron máis interesantes ou divertidas?
  • Lembrades algunha anécdota curiosa ou graciosa que vos pasara co Modo Galego activado?

E agora…poñede a vosa imaxinación en marcha…

  • Que cousas novas vos gustaría facer o próximo curso no programa Modo Galego, actívao!?
  • Que actividades vos gustaría incorporar ao programa?

Gustaríanos moito que compartirades con nós as vosas propostas e reflexións finais.

O Activador MGA! xa non está dispoñible. Parabéns a todas as aulas por ese Modo Galego tan activado!

Vémonos mañá.