Aquí estamos de novo, cunha chea de actividades para activar o modo galego dentro e fóra do IES. Sabiades que levou un premio moi especial: o Premios Mil Primaveras. Parabéns a todos e a todas e aos vosos profesores e profesoras por activar o modo galego.
E atentos, porque desde a Real Academia Galega quixeron enviarvos unha mensaxe moi especial para animarvos a activar o modo galego. Adiviñades quen pode ser?
Henrique Monteagudo: Presidente da Real Academia Galega
E como todos os anos temos outra autoridade que vos quere saudar desde a carballeira de Agrón e presentar o primeiro reto para os nenos e nenas de infantil e primaria. Será tamén o primeiro reto extra para vós, para os e as que queirades visibilizar simbolicamente que tedes activado o MODO GALEGO.
Blas García: Alcalde do Concello de Ames
E iniciamos o reto da semana. A porta está pechada, o reloxo comeza a contar.
A porta está pechada, o reloxo comeza a contar. O reto desta semana consiste en activar o modo galego e reconstruír a playlist con música en galego da vosa vida.
- PROBA 1: Nunha caixa atopas unha nota que di: “Para avanzar, tes que retroceder a túa infancia”. Escolle unha canción que puido marcar esa etapa importante da túa vida”
- PROBA 2: Aparece unha pantalla totalmente negra e una ventá que pide cargar batería. Escolle a canción máis poderosa que coñezas, esa que te pon en modo “non hai quen me pare”.
- PROBA 3: As paredes estréitanse e aparece a palabra “intimidade”. Elixe un tema que escoitarías habitualmente na túa intimidade”.
- PROBA 4: Estás no corredor das sombras e unha voz pregunta: “Que soa cando as cousas saen mal?”. Escolle unha canción para cando estás triste, nervioso/a ou saturado/a.
- PROBA 5: Un arquivo mostra fotos difusas de persoas importantes para ti. Selecciona unha canción para dedicarlle alguén especial : amigo/a, familiar; mascota ou cursh.
- PROBA 6: Escoitas risas e luces e apareces ti como o DJ da festa. Elixe o tema que poñerías estando de festa cos teus amigos e amigas, esa música que fai que todos e todas non paredes de cantar ou botar.
- PROBA 7: Un diploma iluminado bloquea o paso. Escolle a canción coa que celebrarás cando remates a ESO.
- PROBA 8: Abres unha porta e de repente un cristal rompe en anacos. Elixe unha canción para unha ruptura de amizade ou sentimental.
- PROBA 9: Hai unha luz suave no ambiente e aparece unha voz que di: “para abrir esta porta, debes dicir: aquí estou eu…” Escolle unha canción para conectar con alguén, esa que che dá confianza, que pode ser romántica, divertida, atrevida…
- PROBA 10: Unha pantalla xigante acéndese e tes que premer o play para ver a peli da túa vida. Escolle a canción que te gustaría que soase ao final da túa vida, no teu enterro.
- PROBA EXTRA: Que canción lle porías ti ao timbre do teu centro?
Para axudarvos a cumprir as probas aí vos van algunhas ligazóns:
- Aquí atoparedes unha pequena guía elaborada polo CEIP Campolongo.
- ORGULLO GALEGO elaborou unha lista de grupos de onte e hoxe, ordenada por xénero ou xéneros principais, para que busquedes de xeito rápido cales son os vosos preferidos.
- Tamén elaboraron unha lista de Música de mulleres en galego.
- Aquí tedes a playlist con máis de 250 bandas de música do proxecto “Aquí tamén se fala”.
- Tamén podedes escoitar a lista creada por CantáMOLAengalego.
- E a clasificación de listaxes de reprodución de música feita por Acontravento:
• Somos un país de artistas: lista con referencias de todos os estilos con máis de 250 cancións, cunha mostra de cada artista.
• Punk e Rock: a música máis directa e contundente en galego.
• Non son fada: voces de mulleres do noso panorama musical coa presenza de Ses, Guadi Galego, Tanxugueiras; Fillas de Casandra…
• O oficio da palabra- Rap: bandas contrastadas como Dios Ke Te Crew ou SondaRúa e artistas emerxentes.
• Ska: lista para bailar co mellor ska, con bandas en activo como Dakidarria e bandas xa retiradas como Skarnio.
• Música nacional-popular: temas de folk e de música de autor para una boa foliada. - En Podgalego na categoría Música agárdanvos máis de trinta propostas radiofónicas.
Queredes saber cales son as cancións máis escoitadas e as favoritas de Rodri Míguez?. Rodri Míguez, creador da canle “@rodrimiguez“, foi finalista por segundo ano consecutivo na categoría de Proxectos de Comunicación e Difusión Musical dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025 e ten unha comunidade que supera os 11.000 seguidores en TikTok e os 6.000 en Instagram. Para Rodri, o seu éxito vai coa lingua.
@rodrimiguez Canción máis escoitada VS a miña favorita (versión en galego) #galiza #cancion #favorita #musica #engalego #eleccion #vs #tiktokengalego
Aquí tamén vos presenta as 3 formas de dicir “quérote”:
@rodrimiguez 3 formas de dicir “quérote” con cancións en galego #galiza #música #engalego #querote #recomendacion #tiktokengalego
E os seus imprescindibles da música en galego de 2025:
@rodrimiguez Os meus imprescindibles da música en galego de 2025 #galiza #imprescindible #musica #engalego #tiktokengalego
Tamén nos fala da nova canción en galego en Operación Triunfo. Sabiades que é a sexta canción que se interpreta en operación triunfo en lingua galega?
@rodrimiguez Unha nova canción en galego en Operación Triunfo #galiza #musica #engalego #operaciontriunfo #tiktokengalego
Queres descubrir como soa a poesía galega cando se converte en canción? Moitas artistas e bandas do país fixeron dos poemas música e crearon pezas que marcaron xeracións enteiras. Neste artigo recollemos as que, para nós, son as dez versións imprescindibles.
A maiores quen queira cada venres pode participar nun reto para visibilizar que temos activado o modo galego. Para este venres consistirá en dúas cousas: (1) traermos unha peza de roupa de COR AZUL e (2) unha folla de carballo pegada ou prendida á roupa (se non nos cadra de pasar por unha carballeira na que poidamos apañar unha folla seca, podemos debuxala e pintala nun papel ou cartolina para despois colocala na nosa peza de roupa azul). Ímoslle amosar ao mundo que aquí temos unha lingua REXA coma un carballo!

