Reto 2: E ti, como conectas?

Esta semana deixámosvos dous vídeos inspiradores protagonizados por un mozo e unha moza cos que seguramente poidades conectar e compartir reflexións.

Os vídeos son do proxecto E ti, que alinguas? da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, ALINGUA, unha entidade que promove e dinamiza o uso da lingua galega a través da cooperación de entidades do ámbito local, entre elas o concello de Ames.

No primeiro vídeo escoitamos a Mondra, unha das estrelas que máis brillan no panorama musical galego e no actual universo trad. Orbitan ao seu redor unha mestura de folclore tradicional e da música máis moderna. Este verán, concretamente o 8 de agosto, ofreceu un concertazo nas festas de Bertamiráns ao que seguro que asististes algún de vós.

 

Nestoutro vídeo fálanos Noelia Perpetuo, música e estudante de comunicación audiovisual. En 2020 foi finalista do premio do público do certame Youtubeiras e en 2021 gañou o concurso de música Quero Cantar da Deputación da Coruña co tema Bolboreta. Non lle perdades a pista, que en breve dará moito que falar!!

 

Agora toca falar do reto desta semana. Como te presentas? Como rompes o xeo? Como conectas coas demais persoas? Es tímida/o, cómica/o, observador/a, creativa/o…? Sabías que dicir o positivo dos demais axuda a coñecer máis xente?

O reto desta semana e facer un audio ou un texto moi curto, dando consellos en clave humorística para conectarse cos demais. Aí van algunhas ideas:

  • Inventar unha formula cómica de iniciar unha conversa.
  • Unha frase de flirteo inventada: “Tes o WiFi aceso? Porque acabo de sentir unha conexión”
  • Que che gustaría que che dixera alguén que queira conectar contigo?

 

Que non sabedes como entrarlle a unha persoa que vos interesa? Aquí tedes algunhas ideas que mostran @prado_rua e @miguelblesta:

@pradorua

@Migel Lesta 🤪🤪🤪

♬ Frores e Silveiras do Courel – Ailá

 

E se queredes conectar a través da música, Rodri Miguez preséntanos unhas cancións que son mellores que dicir “quérote”:

@rodrimiguez

Cancións en galego que son mellores que dicir “quérote” #galiza #musica #engalego #querote #canciondeamor #recomendacion #galitok #galegosnotiktok #tiktokengalego

♬ sonido original – Rodri Miguez

 

E que nos conta Esther para conectar con alguén?

@digochoeu

Dúas frases para quedares FATAL en #galego #DígochoEu #Galicia #TVG #aprendecontiktok #SanValentín

♬ original sound – #DígochoEu

 

Tamén con ela imos repasar as palabras mais amorosas. Vos que forma usariades?

@digochoeu

Nun día coma hoxe toca repasar as palabras máis amorosas do galego, claro que si DígochoEu 😍 galego Galicia TVG

♬ original sound – #DígochoEu – #DígochoEu

 

Aquí tedes un pequeno documental do profesorado do IES as Barxas falando de como ligan, son auténticos expertos e expertas:

 

Na unidade 5 deste manual práctico de fraseoloxóa galega, Para dar trela, tedes frases para conxeniar, embruxar, adular…

E nesa lista que estades a elaborar seguro que hai moitas cancións sobre a amizade, as relacións… que vos poden axudar a conectar cos demais. Agora escoitade o que nos conta Rodri Miguez sobre a nova música en galego, que está a rachar as súas propias fronteiras:

@rodrimiguez

A nova música en galego está a rachar as súas propias fronteiras #galiza #musica #engalego #emigracion #tiktokengalego

♬ Os Meus Males – 9Louro & Yuly

 

E tamén nos fala de 8 artistas en galego entre os mellores artistas independentes do Estado:

@rodrimiguez

8 artistas en galego entre os mellores artistas independentes do Estado #galiza #musica #engalego #premios #artistas #independentes #tanxugueiras #tiktokengalego

♬ Pieces (Solo Piano Version) – Danilo Stankovic

 

E por se alguén aínda está elaborando a súa playlist, aquí van unhas listas individuais que fixeron diferentes persoas ata cun total de máis de catrocentas cancións. Cantas levades vós?

Para rematar contámosvos o reto simbólico co que este venres podemos transmitirlle ao mundo a fachenda que temos da nosa lingua. Trataríase de inventar e crear a nosa propia tatuaxe, chapa ou broche; debuxala nunha man ou nun brazo ou traela prendida da roupa.

As tatuaxes son cousas moi serias que hai que pensar moi ben, así que, antes de debuxar na pel, recomendamos que primeiro fagamos un bosquexo en papel ou tea.

Quen non queira pintar no seu corpo pode deseñar unha especie de broche en papel ou tea e traelo na roupa suxeito cun prendedor coma se fose unha especie de chapa ou broche caseiro imaxinado e creada por nós.