O Rego Riamonte está cheo de árbores, pozas, fervenzas, bosque de ribeira… é unha verdadeira regalía para gozarmos da natureza. Hai un sendeiro moi chulo chamado Ruta de Riamonte que fai un percorrido circular duns 7 km, animádesvos a facer esta andaina tan chula?
A ruta discorre entre bosques de ribeira cheos de vida, charcos e pequenas fervenzas, é ideal para escoitar o cantar dos paxaros, ver plantas ou mesmo anfibios. Comeza na aldea do Vilar e no camiño atoparedes restos de varios muíños que moían todo o verán coa auga que se represaban no Pozo. Despois de subir un pouco, chagaredes ao alto do Monte de San Marcos, a uns 343 m de altitude, onde daredes cun miradoiro con vistas espectaculares do val do Río Sar e de toda a comarca. Se vos atrevedes a subir un chisco máis, viaxaredes ao pasado e atoparedes ruínas moi antigas: a vella ermida de San Marcos e unha torre de vixilancia posiblemente medieval. É como entrar nun conto: auga que zumba, pedras antigas, bosques cheos de sombras máxicas, restos de muíños e edificacións encantadas, plantas e animais misteriosos, etc.
Hoxe tamén presenta o reto un veciño de Ames. Seguro que moitos e moitas de vós xa o recoñecestes. Si é… Moncho Fernández un dos adestradores con maior experiencia e recoñecemento. Foi adestrador do Obradoiro, dirixiu o club santiagués durante 14 tempadas consecutivas e ostenta o récord de maior número de campañas nun mesmo equipo da ACB. Actualmente é o adestrador do Bàsquet Girona na ACB.
MONCHO FERNÁNDEZ
ADESTRADOR DE BALONCESTO
Seguro que xa sabedes que cando andamos ao sol temos que protexer a cabeza cunha gorra ou cun sombreiro para que non se nos queime o pensamento. O sombreiro tamén se utiliza cando nos queremos vestir de gala en ocasións moi moi especiais.
Pois mañá vai ser un día especialísimo, imos vestir de gala a nosa cabeciña para que todo o mundo saiba que temos o modo galego ben activado. O reto será traermos posto un sombreiro ben fermoso. Se non o tedes na casa, é moi sinxeliño de fabricar con papel de periódico ou cartolina e podédelo pintar ou adornar co que queirades.
Estamos desexando ver eses sombreiros tan chulos!
Como hoxe hoxe imos engalanarnos con gorros ben vistosos, comezaremos escoitando a Esther do DígochoEu, xunto co o alumnado do CEIP Gándara-Sofán, que nos falarán da roupa e dos complementos:
Tamén aprendemos sobre as pezas de roupa e os complementos de vestir nestoutro vídeo:
Cos nosos gorros ben fermosos postos, imos facer gala da nosa lingua e celebrar a festa como se merece. Así que… a cantar e bailar todos e todas con Uxía Lambona e a Banda Molona ao ritmo da canción “De festa”:
Seguimos de troula da man de Pakolas e a canción «Pícame o cu», do álbum «A Ramona pequena vai á Lúa»:
E para continuar presumindo de lingua, cantamos o “O rap da lingua”: CANTA CONNOSCO de Migallas Teatro:
Rematamos cun vídeo realizado pola Coordinadora de EDNL do Morrazo, no que moitas persoas, famosas e non famosas, alardean da nosa lingua:
E non esquezades que a través dos contos aprendemos unha chea de cousas. Aí van os contos de hoxe:
- O noso recuncho: Hoxe no barrio acordaron cunha mala nova: o recuncho onde os nenos e as nenas brincan cada tarde vai desaparecer moi pronto. Onde continuarán todas as súas historias? Van poder facer algo para salvalo?
- O gran circo das palabras: Benvidos a un circo fascinante. Un circo de contar historias, unha nova cada día. Un circo con biblioteca, música, danza e teatro. Será o circo dun poeta!
- A caca cuca viaxa a U.K.: A Caca Cuca vai aprender a dicir in english caca-cu-peido e pis pero… a pesar de marchar moi leda, pronto vai ter morriña, da súa terra galega.






