Hoxe estamos no día de Ames. E sabedes o motivo polo que o concello se chama igual que a parroquia. A ver quen o atina??
Pois si, o concello chámase así porque esta parroquia, concretamente o lugar de Augapesada, foi a capital do concello practicamente desde a súa creación, alá polo 1835, ata o 1970.
É unha das parroquias máis grandes do concello e ten 19 lugares: Augapesada, Barouta, Carreira, Castelo, Castiñeiro de Lobo, Cruxeiras, Lamas, Oca, Outeiro, Padrón, Pedras, Pedrouzos, Pegariños, Pousada, Proupín, Quintáns, Seares de Abaixo, Seares de Arriba e Vilar. Presentámosvos a parroquia de Ames.
E tamén ten un mar, o Mar de Ovellas. Claro que ese mar non ten auga porque o nome vén de MOR– (unha raíz prerromana que significaba pedra) entón sería algo así como “pedra das ovellas”. Na costa dese Mar de Ovellas Rosalía de Castro situou un poema ben fermoso. Quen teña interese pode atopar por aquí info ben interesante.
Que personaxe nos presenta hoxe o reto para mañá? Segurísimo que o coñecedes todos e todas:
O HOME DO TEMPO DA TVG
DIEGO VIAÑO . XORNALISTA E METEREÓLOGO
E para coñecer máis a Diego aquí tedes unha entrevista que lle fixeron desde o CEIP Barouta. Sabiades que foi alumno de Barouta?
Diego, aínda que leva 18 anos saíndo na pequena pantalla, non naceu na televisión senón en Ames. Mirade que vos conta nesta noticia.
E se vos atopades con Diego… levade moito ollo con falarlle do tempo… 😂😂😂
Imos co reto que vos propón Diego para mañá: convertémonos en expertos e expertas meteorólogas e imos traer inventado para mañá un breve prognóstico do tempo que nos gustaría para o sábado. Por exemplo pode nevar, chover, facer sol, ventear…. ou pode chover piruletas, nevar apertas ou termos un vento que remata coas guerras... Como vos queirades, un tempo baseado na realidade ou imaxinado.
Sabiades que existen 50 palabras para falar da neve? Aquí vai unha selección de termos para falar da neve con toda a precisión que merece.
Se algunha vez sentistes un frío que cala nos ósos ou unha friaxe que vos fixo tremer, que saibades que a nosa lingua ten unha riqueza léxica enorme para falar do frío en todas as súas formas e hoxe imos explorar algunhas das máis interesantes.
Tamén a tradición galega estea chea de refráns relacionados co clima. Premede aquí para coñecer algúns refráns sobre a predición do tempo.
Collede o paraugas e a mergullarse nas múltiples formas de chamarlle á choiva.
Animádesvos a concursar no concurso de palabras que se chama “Tempo de palabras” con Digichiño, Esther e Diego:
E agora tocar poñer a proba ás profes e aos profes, ou aos papás e mamás, con este concurso sobre os diferentes nomes que recibe a choiva:
Aquí tedes unha CURIOSIDADE:
As ‘sortes’, ‘resortes’ e ‘contrasortes’ que axudaban a predicir o tempo. Este método de predición meteorolóxica foi un dos utilizados polos gandeiros e agricultores durante moito tempo para saber se ía ser un ano de boas colleitas. Podedes lelo aquí.
E rematamos cantando, cal vos gusta máis:
Canción Nubes – Alegría! (librodisco Ed. Galaxia 2015):
Canción de Magín Blanco: «O tempo meteorolóxico»:
Poema musicado de Xosé María Díaz Castro, «Chove en Galiza», por Pablo Díaz acompañado duns marabillosos coros dos nenos e nenas de 1º de primaria do colexio Andaina da Coruña:
E cal é a vosa estación favorita? Aquí tedes unha chea de cancións sobre as estacións:
“Xa chega o inverno”:
«As pitas baixo a choiva» baseada no conto de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020:
“Primavera” creada polo mestre de música Iván Vale para o seu alumnado de educación infantil sobre a primavera:
“No outono” canción sobre o outono creada polo mestre de música Iván Vale:
«Panxoliñas en pleno verán» é unha panxoliña creada polo mestre de música Iván Vale:
E se vos apetece ler, aquí tedes unha serie de contos:
- “Chove”: Preparade o chuvasqueiro e mergulládevos nesta nova aventura con Miñoca.
- “Pregunta á Dra. Peteiro sobre o tempo”: conto para descubrir como afectan aos animais as estacións, os distintos climas, os fenómenos atmosféricos… e moito máis.
- “As caras da miña choiva”: A miña avoa di que a choiva ten moitas caras. Caras ocultas, que só os que quedan quietos, e observan, poden ver.
- “O ladrón de paraugas”: Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento. Para descubrilo, emprenderá unha fantástica viaxe, collido á empuñadura dun paraugas, onde, o moi sabichón, dará cumprida resposta ao seu misterio.
Neste vídeo podedes desfrutar dun dos contos que seguro coñecedes:
Para rematar contámosvos unha cousa incrible que aconteceu haberá oito ou nove anos… Parece que non é de crer, pero en Bertamiráns houbo un día, o 24 de xuño de 2017, que choveu billetes. Siii, de verdade, billetes! Quen non o crea que visite a nova que vos deixamos a seguir!





