Reto 4: Hoxe coñecemos o Rego da Andoriña

Desta vez o protagonista vai ser un regato cun nome ben chulo, o Rego da Andoriña que atravesa a parroquia de Piñeiro. Este regueiro préstalle o nome a unha ruta circular do concello, duns 5 km, con comezo e remate na praia fluvial de Tapia. Se non a coñecedes, podedes aproveitar para dar unha voltiña por alá.

O noso protagonista é un regato tan curioso que lle gusta escorregar entre árbores e pedras, facendo “glu-glu-glu” mentres pasa por onde outrora estaban os muíños de auga que aproveitaban a forza da corrente para traballar.

Este é un rego moi visitado por animais para beber, descansar ou refrescarse… e seica que, se te paras un intre en silencio, a auga pódeche contar un segredo. Tamén din que o Rego da Andoriña está sempre falando, porque a súa auga non cala nunca: ás veces ri, ás veces canta, ás veces chora, ás veces borboriña… e ás veces fala cos animais que andan ao seu carón!

VÍDEO MIGUEL BARBAZÁN LESTA @miguelblesta

CREADOR DIXITAL

 

Miguel Barbazán foi un dos gañadores do Galetiktokers 2024 co vídeo Mil e un instrumentos.

@miguelblesta

Mil e un instrumentos #Galicia #músicatradicional #pandeireta #galiciacalidade #musica

♬ sonido original – Migel Lesta

 

Miguel dedícase a recoller tradición oral como nos conta nesta noticia.

Animádesvos a poñer en práctica os bailes que nos amosa Miguel?

 

O reto para mañá vai ser crear a banda sonora do Rego da Andoriña. Para iso escollede un animal dos que poidan vivir ou andar preto do regato. Traede pensado da casa como será o seu son e mañá na clase interpretarémolos todos e todas xuntos para converternos na orquestra da Andoriña. Poden ser animais reais (grilos, ras, sapos, cabaliños do demo, cans ou cadelas, vacas, pegas, andoriñas, serpes, ovellas, picapeixes, troitas…) ou inventados. Se queredes, tamén podes traer un instrumento ou algo caseiro co que poidamos facer música (culleres, cunchas…) para acompañar a banda sonora da andoriña.

Vai algún exemplo:

Eu son unha xacia e o meu son é: nininini, nininini

Eu son un cabaliño e o meu son é: tiruli, tiruli

Eu son un grilo e o meu son é: cri cri cri

 

Esther e Digochiño visitaron o CEIP de Ponzos de Ferrol, onde a rapazada levou a cabo un concurso de nomes chistosos de animais:

 

Atentos e atentas… ai vai un reto visual, tedes que a identificar os seguintes animais… só tedes 10 segundos:

 

Mirade con cantas cousas diferentes podedes facer música. Animádevos a practicar na casa coa vosa familia e se vos apetece gravádeo como fixeron estes nenos e nenas.

O ritmo das panaderas:

 

Música con utensilios da cociña:

 

Para experimentar con diferentes sons:

 

Quen sabe tocar coas culleres?

 

E quen sabe tocar a tixola? Escoitade o que nos conta Miguel.

 

Alguén de vós sabe que é un cantagalos? Animádesvos a construír un cantagalos coa vosa familia?

@luisdoriopena

Facendo un CANTAGALOS, un instrumento para o que só se precisa loureiro. #galicia #music

♬ original sound – Luís do Río

 

Agora toca afinar as cordas vocais para cantar:

Uxía Lambona: “O canciño”

 

Se aínda vos queda tempo podedes ver, na aula ou na casa, a curtametraxe de “Corre corre, cabaciña”. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

 

Aquí tedes outros contos moi divertidos:

  • O can e o gato: Manuel Pombo e María Lires únense para crear unha atmosfera engaiolante arredor das aventuras dun can preguiceiro e testán que é o dono da casa… mais tamén é dono dos seus donos! Unha ollada tenra sobre as relacións entre os humanos e os animais.
  • O asubío do avó: O avó levaba a música dentro, por iso o seu asubío era o mellor do mundo.
  • Unha animalada de colexio: Neste álbum ilustrado musicado (inclúe código QR co acceso ás cancións) os protagonistas son animais que van á escola. Versiona temas tradicionais da cultura musical galega, con letras adaptadas aos tempos de hoxe e o estilo rockeiro de Pakolas.
  • A vaca que puxo un ovo: Marjorie era unha vaca que andaba bastante tristeira ata que as súas amigas as pitas decidiron que xa era hora de que puxese un ovo!

 

Por aquí tédelo contado por @robertopernasalvarez