Hoxe toca dicilo ben alto: QUE BEN O FIXESTES!!!
Grazas por abrir as portas dos vosos centros e compartir as actividades realizadas e parabéns por esas propostas tan orixinais que se poden ver en cada un dos retos de cada centro. O máis importante? O entusiasmo co que participastes. Esa ilusión é un exemplo claro de que o Modo Galego pódese activar en calquera lugar e serve de modelo ou de inspiración para outras comunidades educativas e para calquera persoa que queira contribuír a que o Modo Galego estea permanentemente activado en todos os ámbitos.
Lembrámosvos que dentro do apartado ACTIVIDADES CENTROS podedes atopar os marabillosos traballos realizados en cada centro nesta aventura colectiva. Un escaparate cheo de propostas que medra grazas ao voso traballo e que fai deste proxecto algo vivo, diverso e cheo de boas sorpresas.
Desde aquí tamén compartimos as ligazóns de cada centro:
- CEIP A MAÍA
- CEIP AGRO DO MUÍÑO
- CEIP BAROUTA
- EEI O MILLADOIRO
- CEP VENTÍN
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL A MADALENA
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL O BOSQUE
- IES DO MILLADOIRO
- IES DE BERTAMIRÁNS
- EEI DE COVAS
- EEI A IGREXA
E grazas a compartir as vosas experiencias, cada vez son máis as persoas que se animan a activar o galego no seu día a día. Ademais, desde o Proxecto Nós, como ben sabedes, recibiron unha chea das vosas voces e tamén das vosas familias. Isto significa que estades a colaborar directamente para mellorar a presenza do noso idioma no mundo dixital. Desde o Proxecto Nós queren darvos as grazas pola vosa implicación e animan a máis familias e rapazada de Ames e de todo o país a seguir participando na doazón de voces.
Mirade… Modo Galego, actívao! sae na prensa dando visibilidade a este movemento colectivo que non deixa de medrar:
Grazas por formar parte desta experiencia e por demostrar que o galego se activa mellor cando se comparte. Seguide así, porque o entusiasmo co que activastes o Modo Galego é un exemplo de futuro para todo o mundo.
En breve poñemos o punto e seguido… pero só a desta edición.






