Programación diaria infantil e primaria

Activador do Modo Galego Ames

Reto 15: Hoxe descubrimos Trasmonte

Reto 15: Hoxe descubrimos Trasmonte

Hoxe é o día de Trasmonte. Esta última parroquia está chea de lugares con nomes moi chulos. Son estes nove: Burgueiros, Carballo, Leboráns, O Portanxil, Reino, Salgueiro, Sorribas, Suevos e Trasmonte. Presentámosvos a parroquia de Trasmonte. Hai moito tempo, Carballo...

Reto 14: Hoxe visitamos Tapia

Reto 14: Hoxe visitamos Tapia

Hoxe vai a ser o día de Tapia. Esta parroquia ten tres lugares: Frenza, A Mámoa e Vilouta. Presentámosvos a parroquia de Tapia. O lugar de Vilouta orixinou un apelido moi frecuente entre a xente de Ames. Quen sabe... igual alguén de vós ten este apelido tan chulo. E...

Reto 13: Río Tambre

Reto 13: Río Tambre

Hoxe vai ser o día do río Tambre. Este río nace na Lagoa de Sobrado dos Monxes e desemboca na ría de Muros-Noia. É a fronteira natural entre concello de Ames e o de Negreira. Baixa alegre polas terras verdes e bonitas das parroquias de Agrón, Lens, Piñeiro e Tapia....

Reto 12: Río Sar

Reto 12: Río Sar

O río Sar pasa por varios lugares do concello de Ames. O río vai correndo entre árbores e prados e pasa preto dalgúns sitios onde vive a xente, por onde podedes pasear, xogar e observar a natureza. Que lugares coñecedes polos que pasa o río Sar? Si, si... por...

Reto 11: Hoxe descubrimos O Rego Riamonte

Reto 11: Hoxe descubrimos O Rego Riamonte

O Rego Riamonte está cheo de árbores, pozas, fervenzas, bosque de ribeira… é unha verdadeira regalía para gozarmos da natureza. Hai un sendeiro moi chulo chamado Ruta de Riamonte que fai un percorrido circular duns 7 km, animádesvos a facer esta andaina tan chula? A...

Reto 10: Hoxe descubrimos Piñeiro

Reto 10: Hoxe descubrimos Piñeiro

Alguén coñece a parroquia de Piñeiro? Pois ten lugares con nomes ben curiosos: Balindo, As Covas, Fernande, A Rúa, Sanamede e Vilaverde. Presentámosvos a parroquia de Piñeiro. Sabiades que en Sanamede de Piñeiro houbo un mosteiro medieval? Como xa sabedes os topónimos...

Reto 9: Hoxe visitamos Ortoño

Reto 9: Hoxe visitamos Ortoño

Hoxe estamos no día de Ortoño. E sabedes por que esta parroquia é tan importante no concello de Ames? A ver… quen o adiviña? Pois si! Bertamiráns, a sede da Casa do Concello, pertence á Ortoño. Estamos nunha das parroquias máis poboadas do concello e ten 20 lugares...

Reto 8: Hoxe coñecemos Lens

Reto 8: Hoxe coñecemos Lens

Hoxe é o día Lens, a parroquia máis pequena do concello pero tamén unha das máis fermosas. Só ten dous lugares: Lens e Miso. Presentámosvos a parroquia de Lens. Nesta parroquia sitúase o Pazo de Lens, unha edificación señorial que data de finais de século XV ou de...

Reto 7: Hoxe visitamos a parroquia de Covas

Reto 7: Hoxe visitamos a parroquia de Covas

Hoxe festexamos o día de Covas e dos seus 8 lugares: Capeáns, Caroubáns, As Casas do Monte, Covas, A Igrexa, O Lombao, Loureiros e Ventosa. Sabiades que Caroubáns é un nome de lugar que só se rexistra en Ames? Pois si, non hai ningún outro sitio no mundo que se chame...

Reto 6: Hoxe visitamos Bugallido

Reto 6: Hoxe visitamos Bugallido

Chegamos ao día da parroquia de Bugallido e dos seus once lugares: Barreiro, As Buceleiras, Eirapedriña, Firmistáns, Framán, Guimaráns, O Instrumento, Mourigade, O Outeiro, Quistiláns e Tarrío. A canta xente coñecedes de Bugallido? Presentámosvos a parroquia de...

Reto 5: Hoxe descubrimos a parroquia de Biduído

Reto 5: Hoxe descubrimos a parroquia de Biduído

Hoxe será o día de Biduído, a parroquia que ten o maior número de habitantes do concello. Divídese nestes once lugares: Biduído de Abaixo, Biduído de Arriba, Casanova, Coira, Costoia, Fraíz, Framil, A Grela, A Igrexa, O Milladoiro, A Moniña, Paramuíño, Raíces e...

Reto 4: Hoxe coñecemos o Rego da Andoriña

Reto 4: Hoxe coñecemos o Rego da Andoriña

Desta vez o protagonista vai ser un regato cun nome ben chulo, o Rego da Andoriña que atravesa a parroquia de Piñeiro. Este regueiro préstalle o nome a unha ruta circular do concello, duns 5 km, con comezo e remate na praia fluvial de Tapia. Se non a coñecedes,...

Reto 3: Hoxe visitamos a parroquia de Ames

Reto 3: Hoxe visitamos a parroquia de Ames

Hoxe estamos no día de Ames. E sabedes o motivo polo que o concello se chama igual que a parroquia. A ver quen o atina?? Pois si, o concello chámase así porque esta parroquia, concretamente o lugar de Augapesada, foi a capital do concello practicamente desde a súa...

Reto 2: Hoxe descubrimos a parroquia de Ameixenda

Reto 2: Hoxe descubrimos a parroquia de Ameixenda

Hoxe vai ser o día da Ameixenda, unha parroquia na que debía ou debe haber moitas ameixeiras, esa árbore froiteira que nos dá unha froita riquísima propia do verán, as ameixas. Sabiades que hai quen lles chama claudias ou cirolas e que o seu consumo achega moita...

Reto 1: Volve o Modo Galego Actívao

Reto 1: Volve o Modo Galego Actívao

HOXE COÑECEMOS A PARROQUIA DE AGRÓN E por cuarto ano, aquí está de novo o Modo galego, actívao! Sabiades que levou un premio moi especial: o Premio Mil Primaveras. Parabéns nenos e nenas de Ames!!!! Tamén parabéns para o profesorado, monitorado e a todas as familias...